Resumo e fichas verbo do patrimonio material e inmaterial e os elementos que compoñen a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, en todos os seus concellos.
Resumo e fichas verbo do patrimonio material e inmaterial e os elementos que compoñen a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, en todos os seus concellos.
Traballo de documentación sobre as técnicas tradicionais da artesanía do encaixe galego, reunidas nun mostrario para recuperar, xuntar e poñer a disposición das palilleiras técnicas e modelos esquecidos, co fin de que non se perdan.
Informe publicado electronicamente en liña relativo aos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, consonte o movemento de persoas contratadas e demandantes de emprego.
Segunda edición de Ocupesca, na que se dan a coñecer os resultados referidos á poboación ocupada nos buques con porto base en Galicia e nos establecementos acuícolas galegos durante o ano 2013 e a súa facturación económica durante o ano 2012.
Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na comunidade autónoma galega; achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na comunidade autónoma galega; achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación que proporciona un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na comunidade autónoma galega, desagregado por provincias; achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na comunidade autónoma galega; achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Manual que pon á disposición de coidadores de persoas menores en situación de dependencia ferramentas e técnicas orientadas a axudar e favorecer o desenvolvemento persoal e a potenciar as habilidades do menor na busca de acadar as meirandes cotas de autonomía persoal.
A través de fichas, esta publicación electrónica en liña dános un estudo polo miúdo do mercado laboral na Comunidade Autónoma de Galicia; achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación electrónica en liña que presenta dun xeito estruturado e coherente o total dos datos estatísticos correspondentes ao ámbito da educación non universitaria do curso 2012/13. Recóllense todos os aspectos cuantificados, a través de distintas fontes, e faise referencia tanto aos centros públicos coma aos privados nos distintos tipos e niveis de ensinanzas no ámbito galego.
Esta publicación foi revisada polo Servizo de Formación, Asesoramento Lingüístico e Proxección Exterior da Lingua da Subdirección Xeral de. Política Lingüística
Difundirase soamente na web no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no sitio temático “Estatísticas Educativas”: http://www.edu.xunta.es/web/node/2956