Catálogo

Amosando 829 - 840 de 1445

Documento sobre a prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias: rutinas de enganche e parada, preparación do terreo, fertilización, sementeira, recolleita, alimentación, actuación en caso de emerxencia, primeiros auxilios e normativa

Documento sobre a prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias: rutinas de enganche e parada, preparación do terreo, fertilización, sementeira, recolleita, alimentación, actuación en caso de emerxencia, primeiros auxilios e normativa.

Documento sobre a prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias: rutinas de enganche e parada, preparación do terreo, fertilización, sementeira, recolleita, alimentación, actuación en caso de emerxencia, primeiros auxilios e normativa.

Boletín electrónico en liña de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Presenta as últimas novidades no eido da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

Actualización do documento elaborado no ano 2013 no que se establece o proceso de atención ao paciente con diabetes mellitus tipo 2, desde a sospeita diagnóstica ata o tratamento e seguimento. Está elaborado por un equipo multidisciplinar de profesionais do Servizo Galego de Saúde e o seu desenvolvemento encádrase no Plan de Prioridades Sanitarias da Consellería de Sanidade.

Publicación electrónica en liña que recolle actualizado o informe anual da tuberculose, editado polo Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose, con datos do ano 2014 e evolución do período 1996-2014.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Recompilación das disposicións normativas de política social publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) en 2015. A información clasifícase en cinco grandes epígrafes: consellería, familia, inclusión, maiores e persoas con discapacidade e xuventude e voluntariado.

A publicación "Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Memoria 2014" presenta os datos da actividade desenvolvida ao longo do pasado ano. Inclúe, entre outras, as seguintes epígrafes: identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas de información, e servizo de atención ao usuario.

Guía electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias, as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal e os servizos, plans e programas. Todo iso encamiñado a apoiar e favorecer todos os membros da unidade familiar.