Catálogo

Amosando 1429 - 1440 de 1444

Este libro analiza ao longo das súas páxinas, dun xeito claro e sinxelo, as distintas fases na recría do animal e inclúe unha serie de anexos que serven para profundar un pouco máis nos aspectos máis técnicos. Coa información que se proporciona preténdese facilitar ao gandeiro unha serie de boas prácticas de manexo da recría de xovencas.

A condicionalidade representa un requisito previo para que os produtores poidan beneficiarse das axudas da PAC e de desenvolvemento rural. Debido á importancia dos pastos nas explotacións galegas, é preciso que os produtores coñezan os requirimentos da condicionalidade relativos aos pastos e realicen un aproveitamento axeitado e rendible deste recurso.

O anuario do ano 2007 achega algunhas novidades con respecto aos anos anteriores, novas estatísticas do subsector forestal, nova información relativa aos prezos do leite e exclúese o capítulo de climatoloxía, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica anualmente no seu anuario.

Esta publicación utilizou a información procedente das operacións estatísticas do Plan galego de estatística 2002-2006, complementada coas realizadas en convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e cos datos doutras fontes (EUROSTAT e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

Esta publicación consiste na difusión dos resultados das enquisas feitas a todos os buques que tivesen porto base en Galicia. Diferenciouse entre a frota de baixura, a frota de altura e a frota de gran altura. As necesidade de contar con información suficiente sobre outros sectores produtivos relacionados cos recursos mariños levou a que, adicionalmente se trasladáse a experiencia adquirida aos establecementos que realizasen cultivos mariños nas augas desta comunidade.

Temáticas

Esta publicación, ademais de incluír unha relación das feiras que se celebraban, das que se posúen coñecemento, xunto cun calendario dos eventos festivos que teñen lugar mes a mes, achega datos sobre a agroindustria e información turística da provincia de Lugo. Resulta un cóctel entre a historia, a actividade agroalimentaria e a cultura en xeral, con dous aspectos importantes como son a arte e a gastronomía.

Lingua/s
Galego

Memoria do ano xacobeo 2004, que recolle todos os eventos realizados dentro e fóra de Galicia con motivo do primeiro ano santo compostelán deste milenio: congresos, seminarios, exposicións, publicacións, concertos, etc.

5,00 €

CD-ROM editado co gallo da celebración do MC aniversario do nacemento de san Rosendo. Nel trátanse diversos aspectos da súa vida e mais da súa época, o século X. A historia do santo e da súa familia, Galicia no reino ástur-leonés, a arte do momento e a fortuna de san Rosendo forman parte do estudo pormenorizado que se fai da súa figura e do seu tempo.

Autor/a
Neira Cruz
Xosé A.
Ilustrador/a
López
Noemí
Lingua/s
Galego

Conto infantil escrito por Xosé A. Neira Cruzcon motivo da exposición A viaxe a Compostela de Cosme III de Médicis. Renato Ratoni acompaña o Príncipe na súa viaxe por España e Portugal, e iso serve de escusa para amosarlle ao público infantil as principais obras da exposición neste conto, con ilustracións de Noemí López.