Catálogo

Amosando 25 - 36 de 58
Autor/a
Losada Aldrey
M. Carmen
Autor/a
Cid Fernández
Alba
Autor/a
Fernández Carballido
Xurxo
Ilustrador/a
Corujo Martínez
Evaristo (Tito)
Colaborador/a
Davila
Luis
Lingua/s
Galego

Manual que se inscribe no eido da fraseoloxía e paremioloxía aplicada á ensinanza/aprendizaxe do galego. Achega unha proposta de unidades fraseolóxicas organizadas tematicamente e acompañadas de caricaturas de Evaristo Corujo Martínez (Tito) e viñetas de humor gráfico de Luis Davila. O amplo repertorio de exercicios prácticos, de carácter escrito e oral favorecen unha aprendizaxe activa da fraseoloxía e paremioloxía galega.

Autor/a
Cela
Camilo José
Lingua/s
Galego

Memorias de Camilo José Cela. Este volume recolle os primeiros anos da súa vida, desde o seu nacemento en 1916 ata 1923. Aparecen a familia materna -de ascendecia inglesa, como indica o apelido Trulock-, a casa de Iria Flavia onde naceu e a familia paterna de Tui, os Cela. Nesta nova edición inclúense once capítulos que non apareceran en 1949, ano da primeira aparición deste texto.

Autor/a
Villares Paz
Ramón
Lingua/s
Galego

Nesta obra Ramón Villares e Marcelino Fernández fan unha aproximación global ao feito migratorio galego con destino a América, aproximación feita desde dúas vertentes ben diferenciadas: nunha ofrécese unha visión máis ampla que atinxe ao marco xeral europeo e á propia historia de Galicia e noutra, máis sistemática, exponse o proceso migratorio galego desde o Antigo Réxime ata o repunte final da emigración americana nos anos da posguerra.

Editor/a literario/a
Alonso Girgado
Luís
Editor/a literario/a
Cochón Touriño
Xosé Luís
Editor/a literario/a
Martínez González
Xurxo
Lingua/s
Galego

Sen dúbida son Ricardo Carballo Calero e Ramón Piñeiro dúas salientables figuras do panorama cultural galego da segunda metade do pasado s.XX. Carballo Calero desde a súa cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, e Ramón Piñeiro, desde Galaxia. Neste epistolario, nucleado ao redor da xestación da Historia da literatura galega contemporánea, rexistra, en máis de duascentas cartas, unha singular panorámica de feitos que van desde as iniciativas bibliográficas ata circunstancias e anécdotas biográficas. En síntese, o desenvolvemento da nosa intrahistoria cultural por dous protagonistas directos e influentes nela.