Catálogo de arte no que se inclúe un texto que analiza a obra do autor, asi como unha selección de fotografías da súa obra.
Catálogo de arte no que se inclúe un texto que analiza a obra do autor, asi como unha selección de fotografías da súa obra.
Recompilación epistolar con varias ducias de textos enviados por amigos representativos do galeguismo intelectual e literario. A edición é rigorosamente respectuosa cos textos orixinais.Estas cartas permítennos coñecer máis datos da vida e da obra cunqueirá.
Volume que ofrece as claves para gozarmos e interpretarmos o románico dun dos lugares fundamentais do románico galego, na Ribeira Sacra.
Exposición que mostra unha colección de imaxes recuperadas sobre os cines galegos, algún deles en perigo de desaparecer. O traballo, do fotógrafo Manuel Sendón, é tamén un testemuño da súa liña creativa.
Publicación na que se dá a coñecer unha colección privada inédita de fotografías realizadas entre 1890 e 1950, e que pertenceron a Arthur Ginnings, misioneiro protestante británico, que viviu durante 40 anos na localidade de Ares, tentando difundir na zona a idea evanxélica. Esta colección constitúe un importante arquivo documental para o coñecemento da implantación e posterior evolución das comunidades evanxélicas en Galicia e, asemade, constitúe un referente de interese desde o punto de vista etnográfico, xa que contén interesantes imaxes inéditas de monumentos, espazos naturais e persoas, tanto de Galicia coma de España, tomadas por fotógrafos afeccionados e anónimos.
A orde das primeiras cousas é o catálogo da exposición do mesmo título organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea no inverno de 2015.
Desde os seus inicios, a obra de Carlos León (Ceuta, 1947) evidenciouse coma unha das propostas fundamentais para comprender o proceso de ruptura que, operando desde o corazón mesmo da pintura, derivou as prácticas pictóricas cara a unha creba consciente do réxime de visibilidade e abriunas ao espazo baleiro dunha expresividade que extraviou o suxeito dos seus requirimentos, unha expresividade que traza -no plano desolado en que deveu o cadro- os rastros desa gozosa procura. Ademais dos textos de Fernando Castro Flórez e do propio artista, o catálogo inclúe unha introdución asinada polos comisarios da mostra, Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e unha entrevista con Carlos León.
Publicación que recompila o traballo realizado polo artista Joan Morey no contexto de Proxecto-Edición. A triloxía de perfomances realizadas no CGAC baixo o título "OBEY, Humillados & Ofendidos" explora temas relacionados coa práctica artística e o papel da persoa creadora, para pescudar verbo das sombras do pesimismo e do tremendo; do que reduce o ser humano á involución de estar sumido nunha impotencia aprendida.Invisibilidade e interrogación combínanse para ofrecer un proxecto fecundo en equívocos, no que aparece un artista máis digresivo ca discursivo, en consonancia coa poética da desolación que caracteriza os seus últimos traballos. A partir de intrincadas estruturas narrativas sobre a degradación, a perda e o baleiro, saltos no tempo e no espazo e reiterada desorde temporal, o que quedará é o núcleo inescrutable que transmite a súa obra: o fracaso.
En "Compostela. Gabriele Basilico" o artista presenta a súa obra "Fuoricentro", coa que nos propón unha mirada alongada do territorio, estruturada en tres eixes, que crean os núcleos urbanos periféricos. A partir do percorrido en coche polas áreas por onde a cidade está a crecer, Basilico retratou os edificios como testemuñas mudas dun xeito de habitar o espazo.
A Lei 6/2012, do 19 de xuño de xuventude de Galicia regula o Plan estratéxico de xuventude de Galicia como instrumento no que se establecen as políticas de xuventude e os obxectivos estratéxicos e operativos que se deben cumprir para acadar unha xuventude comprometida, participativa e motivada coa sociedade.
Catálogo da exposición de idéntico título que recolle contribucións de varios autores sobre a obra de "Compostela" (pseudónimo de F. Vázquez Díaz) e contextualízana no seu ambiente na Compostela de 1935-1936, período en que realizou os debuxos que serven de guía a esta exposición. Como material complementario leva un cartafol adxunto con 26 debuxos do autor.
Catálogo da exposición 14+1 Estacións, que recolle a obra que a artista norueguesa Borgny Svalastog realizou especificamente ao longo dos últimos tres anos para ser exhibida no Museo das Peregrinacións. Do mesmo xeito, recolle estudos de especialistas sobre a obra e a traxectoria de Borgny, unha das artistas máis importantes de Noruega. Ademais de en galego e inglés, inclúe textos en español, noruegués e islandés porque esta exposición viaxará por diversos países nórdicos ao longo dos próximos anos.
Preséntase unha colección fotográfica da peregrinación que cristiáns ortodoxos coptos realizaban a Lalibela (Etiopía) e acompáñase de textos sobre esta interesante peregrinación a un enclave incluído pola Unesco na lista de bens patrimonio da humanidade.