Estudo cualitativo e cuantitativo con perspectiva de xénero sobre a situación das mulleres no sistema de ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, no que se achega información sobre as barreiras aínda existentes no acceso e na promoción das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía galega, tanto no sector público coma no privado ao tempo que se busca a identificación sistemática das causas da desigualdade evidenciada numericamente, na procura de posibles solucións.