Catálogo

Amosando 1045 - 1056 de 1423

O informe describe o Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal, obxectivos, características do programa, estructura organizativa e sistemas de información e indicadores. Así como os resultados do mesmo no período 1995-2011.

Actualización do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose, que se puxo en marcha a finais do ano 1994, e cuxos obxectivos e estratexias é necesario adaptar á situación epidemiolóxica actual da tuberculose en Galicia. As metas e obxectivos deste novo programa están deseñados para ser conseguidos no período 2012-2015.

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1993. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, dende o ano 1988. Na nosa Comunidade Autónoma a tempada de baño estabécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xaneiro ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada téñense os controis que son os necesarios para clasificar sanitariamente as zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, de 11 de octubre, sobre la gestión de la calidad de las aguas de baño). Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación en formato electrónico diferencíase en dous apartados, o informe e os anexos. No anexo II móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación final de cada unha.

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, problación obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2002-2011.

Publicación electrónica dirixida a todos os profesionais do ámbito da nefroloxía. Nela descríbese a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos tanto a diálise como o transplante na Vomunidade Autónoma de Galicia. Descríbense os datos correspondentes ao ano 2011 e a evoluición dos últimos anos

Informe anual ampliado descritivo das características dos casos de tuberculose rexistrados en Galicia no ano 2010, facendo tamén referencia á evolución desde o ano 1996 (1º ano avaliado desde a posta en marcha do Programa galego de prevención e control da tuberculose).

Publicación dirixida a técnicos e ONG que traballan no campo do VIH-sida, sobre as novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática se considera desde a perspectiva da infección e non da enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial

Boletín no que se presenta o medicamento DRONEDARONA, antiarrítmico indicado no mantemento do ritmo sinusal despois de cardioversión efectiva en pacientes adultos e clinicamente estables con fibrilación auricular paroxística ou persistente, centrándose na análise de eficacia e seguridade

O manual de primeiros auxilios elaborado polo persoal sanitario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 consta de 25 capítulos nos que a través de sinxelas explicacións indica á cidadanía como actuar no caso de atoparse ante unha situación de urxencia sanitaria.

Autor/a
Cortiñas Álvarez
Manuel
Coautor/a
Luque Suárez
Silvia
Lingua/s
Galego

O programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, desdo o ano 1988. Na nosa comunidade a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de temporada téñense, polo menos, 8 controis que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño). Cos resultados obtidos en cada temporada elebórase o Informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación é en formato electrónico. Nesta diferéncianse dous apartados, o informe e os anexos. No anexo III móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación sanitaria final de cada unha.