Catálogo

Amosando 1033 - 1044 de 1423

O Programa de vixilancia sanitaria das xonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, desde o ano 1988. Na nosa Comunidade Autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de tempada téñense 8 controis que son os necesarios para clasificar sanitariamente as zonas de baño. Os parámtetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 1841/2004, de 11 de octubre, sobre la gestión de la calidad de las aguas de baño). Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación é en formato electrónico. Nesta diferéncianse dous apartados, o informe e os anexos. No anexo II móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación sanitaria final de cada unha.

Formato libro en pdf en formato electrónico para poñer na web do SERGAS, co obxectivo de actualizar a guía técnica xa existente, versión 1 de xuño de 2003 incluíndo esta 2º versión á evidencia científica actual sobre a detección precoz de cancro de cérvix, así mesmo, actualizáronse os algoritmos de decisión acordes a esta actualización científica e para facilitar a súa comprensión.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente a o ano 2011 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos. En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxetivos para o vindeiro ano.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente a o ano 2011 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos. En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxetivos para o vindeiro ano.

En Galicia, Seguindo as recomendacións da OMS, véñense realizando estudos de saúde bucodental cada 5 anos dende 1995 entre escolares de 6 e 12 anos. Ao longo desa década produciuse unha mellora na saúde dental dos escolares galegos. Cunha redución na prevalencia de carie do 39% aos 6 anos (de 46,7% en 1995 a 28,6% en 2005) e do 18% aos 12 (64,2% a 52,7%). Aínda que xa no ano 1995 se cumpriran os obxectivos propostos pola OMS para o ano 2000 na rexión europea. Co fin de continuar a serie quinquenal a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública levou a cabo un novo estudo ded Saúde bucodental en escolares de Galicia no ano 2010, incluíndo neste caso o grupo de 15 anos. Esta publicación mostra os resultados deste estudo.

Esta "Guía informativa sobre a violencia laboral de orixe externa", presentada no pleno do Observatorio de violencia laboral do 18 de marzo de 2013, está dirixida a proporcionar aos profesionais información útil para evitar este tipo de incidentes e para coñecer cómo actuar en caso de que se produzan.

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, población obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2012.

O informe describe o Programa galego de detección precoz do cancro de mama, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2011.

O obxectivo do informe é avaliar a eficacia/efectividade, seguridade e custos da técnica Dsaek sola ou comparada coa queratoplastia endotelial en pacientes con fracaso endotelial corneal. Este informe ten características especiais da edición xa que responde aos requisitos das publicacións editadas dentro do convenio de colaboración entre o Instituto de Salud Carlos III, e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a avaliación de tecnoloxías sanitarias dentro do Plan de Traballo da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS" (antes Plan de Calidad para el SNS) aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

É un programa organizado pola Consellería de Sanidade e está dirixido a homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia. Mediante a detección precoz conséguese diagnosticar o cancro en etapas menos avanzadas da enfermidade aumentando así as súas posibilidades de curación. Consiste en facerse cada dous anos e no seu domicilio unha proba sinxela para detectar sangue oculta nas feces. Ademais, os programas de detección precoz, demostraron que poden reducir o risco de desenvolver cancro de colon e recto.

A presente obra responde ao cumprimento dunha das funcións da Comisión Galega de Bioética, fomentar a formación dos profesionais do ámbito sanitario en materia de Bioética, nela se recolle, a través da transcrición dos relatorios a actividade desenvolvida o pasado día 25 de outubro de 2012, baixo o lema a Bioética un instrumento de calidade para a atención sanitaria no Sistema Público de Saúde de Galicia. Esta actividade foi acreditada con 1,7 créditos pola Comisión Autonómica de Formación Continuada de Galicia.