Catálogo

Amosando 49 - 60 de 1423

Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.

0,00 €

Este protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas nos eventos e espazos festivos establece unha serie de pautas preventivas e de actuación para cando se produza algún tipo de violencia contra as mulleres ou as persoas LGBTI en espectáculos musicais, en actividades culturais e sociais desenvolvidas ao aire libre e en festas e verbenas populares.
Inclúe unha serie de recomendacións de actuación para todas as persoas que interveñen na organización e no desenvolvemento das indicadas actividades, ás cales tamén se lles facilitan materiais de información e sensibilización sobre o rexeitamento das condutas machistas, recollidos nos anexos do protocolo.

Documento que actualiza a Guía técnica de abordaxe das disfuncións do solo pelviano feminino (2016) e que ten como obxectivos unificar os criterios de actuación das/dos profesionais de atención primaria implicados na atención, promoción e recuperación da funcionalidade do solo pelviano femenino, así como homoxeneizar a implantación do programa en todo o territorio de Galicia.

O coidado das persoas trans require un enfoque multidisciplinar e proactivo que aborde os tres niveis de prevención sanitaria e xere un clima de confort dende o primeiro contacto. É fundamental contar con procedementos claros e estruturados que garantan unha atención individualizada, de calidade, que atenda as demandas deste colectivo de pacientes. As recomendacións contidas neste documento teñen como finalidade proporcionar pautas para un enfoque integral e estandarizado de pacientes trans na contorna da Atención Primaria.

0,00 €

O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Cadernos de Fraseoloxía Galega estrea o novo número 25, un volume monográfico conxugado no seo do proxecto Metafras e centrado no estudo da metalinguaxe propia do campo da fraseoloxía. Os nove artigos compilados tratan sobre a terminoloxía fraseolóxica en romanés, chinés, kíkôngò, croata, galego, éuscaro e serbio, alén dun deles, na sección Varia, que se centra nas unidades fraseolóxicas da Fénix nas súas concepcións chinesa e española. O volume tamén inclúe dúas coleccións fraseolóxicas na epígrafe Recadádivas, unha no concello de Cariño e outra na obra de Manuel Leiras Pulpeiro, así como catro recensións de obras de ramas ben diversas da fraseoloxía (Recensións) e unha escolma das novidades bibliográficas neste campo de estudo (Novas).

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

Autor/a
Calvo Santalla
Carmen
Autor/a
Viña Pombo
Cándido
Autor/a
Gómez Gómez
Verónica
Autor/a
Guerra Pestonit
Bibiana
Lingua/s
Galego

O número 8 de Agroexprés conta cunha importante presenza de artigos do mundo gandeiro, con temáticas tan variadas como as producións, a sanidade animal, os gases de efecto invernadoiro ou o benestar animal, en ámbitos tan amplos como a gandería de carne, a de leite ou a produción porcina.