Catálogo

Amosando 193 - 204 de 1423

Amplo e pormenorizado documento bilingüe no cal se define paso a paso o proceso que debe seguir o diagnóstico, tratamento e seguimento de todos os doentes con sospeita de fibrilación auricular na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Froito do consenso entre profesionais de diferentes especialidades: cardioloxía, medicina interna, neuroloxía, urxencias, medicina de familia, farmacia e hematoloxía, o obxectivo é introducir vías, con circuítos e actividades definidos, polas que o proceso discorra de xeito fluído. A fibrilación auricular constitúe o terceiro motivo de consulta cardiovascular da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. É tamén un importante motivo de demanda asistencial no Servizo de Urxencias de Santiago de Compostela.

O Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo analiza neste informe sobre a situación do traballo autónomo no mercado laboral galego, en forma de traballo monográfico, a figura do emprego por conta propia, modalidade de especial interese no mercado de traballo da nosa Comunidade.

Tríptico anunciando a convocatoria do V Concurso de Carteis dirixido a rapaces e rapazas do curso escolar 2022/23, que ten como tema a doazón e os transplantes. A finalidade é achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que os máis novos sexan capaces de valorar os beneficios que o fomento da doazón ten para a cidadanía.

Cartel anunciando a convocatoria do IX Concurso de Curtametraxes dirixido a rapaces e rapazas do curso escolar 2022/23, que ten como tema a doazón e os transplantes. A finalidade é achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que os máis novos sexan capaces de valorar os beneficios que o fomento da doazón ten para a cidadanía.

Triptico anunciando a convocatoria do IX Concurso de Curtametraxes dirixido a rapaces e rapazas do curso escolar 2022/23, que ten como tema a doazón e os transplantes. A finalidade é achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que os máis novos sexan capaces de valorar os beneficios que o fomento da doazón ten para a cidadanía.

Cartel que anuncia a convocatoria do VIII concurso universitario de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de medula ósea, dirixido ao alumnado matriculado durante a curso 2022/23 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia. A finalidade é promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón, entendida como acto voluntario e altruista.

Tríptico que anuncia a convocatoria do VIII concurso universitario de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de medula ósea, dirixido ao alumnado matriculado durante a curso 2022/23 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia. A finalidade é promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón, entendida como acto voluntario e altruista.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Selección das disposicións normativas máis salientables no ámbito das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo do ano 2022 no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, número do DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML. Así mesmo, no rexistro de cada disposición poden aparecer todas aquelas disposicións relacionadas con ese rexistro: extracto, modificación, corrección de erros ou posibles resolucións (de requirimento, ampliación do prazo, incremento de crédito, adxudicación etc.).

Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos así como os resultados no período 2021.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Este novo volume de Cadernos de fraseoloxía galega contén seis artigos con temáticas que van da fraseodidáctica do italiano para turcofalantes ou da fraseoloxía colocacional dun dicionario francés do século XVII á sistematización de variantes paremiográficas. Así mesmo, tamén se inclúen unha recadádiva da fraseoloxía do Robledo de Domiz (O Barco de Valdeorras), doce recensións e as novidades bibliográficas máis salientables de 2021.