Realízase unha análise da actividade asistencial e programas de saúde pública nos anos 2019-2021 para verificar se durante os meses da pandemia da Covid-19 se produciu un impacto nesta actividade.
Realízase unha análise da actividade asistencial e programas de saúde pública nos anos 2019-2021 para verificar se durante os meses da pandemia da Covid-19 se produciu un impacto nesta actividade.
Este procedemento pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo e a atención a pacientes con ventilación mecánica non invasiva (VMNI) publicado no portal Femora do Servizo Galego de Saúde en https://femora.sergas.es/
A Guía das Ocupacións é unha guía en formato ficha das ocupacións que reflicten unha mellor perspectiva de emprego en Galicia, co fin de servir como referencia a persoas e profesionais do emprego que buscan unha orientación e/ou reorientación profesional dos seus itinerarios profesionais.
O principal obxectivo desta guía é ofrecerlles aos profesionais criterios para a organización e a xestión da unidade de esterilización co fin de contribuír á mellora nas condicións de seguridade e calidade da súa práctica, o que inclúe a eficiencia, o deseño e o equipamento que lle permitan a cada hospital a elaboración do seu propio protocolo e dos procedementos normalizados de traballo e calidade.
A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver o proxecto de innovación educativa Aliméntate ben!, que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa, de la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de Educación Primaria, Scundaria e primeiro curso de Bacharelato.
Folleto que ten como fins facilitar e acelerar a súa integración ás novas incorporacións no corpo de inspección de saúde pública, proporcionar unha visión global da organización e contribuír a cumprir as expectativas de formar parte dun equipo profesional e humano que ten como principal obxectivo a protección da poboación fronte aos riscos susceptibles de afectar negativamente á saúde.
Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.
Axencia Galega das Idustrias Culturais. Memoria 2021 é unha recompilación en textos e fotografías da actividade realizada polo devandito ente instrumental da Xunta de Galicia ao longo do pasado ano. Estrutúrase en tres bloques temáticos, que se corresponden cos sectores culturais obxecto da competencia da Agadic: artes escénicas, audiovisuais e música, ademais dun cuarto apartado dedicado a accións de carácter transversal. A última parte contén distintas táboas e anexos de datos e cómputos, onde se relacionan as subvencións concedidas, os principais programas culturais promovidos e mais os convenios asinados.
O Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña establece os eixes de intervencións e as actuacións que cómpre desenvolver no marco deste programa, entre os anos 2022 e 2040, así como aquelas actuacións definidas como prioritarias, que cómpre desenvolver entre os anos 2022 e 2025. Ademais, inclúense os mecanismos de seguimento e avaliación do programa.
Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social e Xuventude, coas actuacións máis salientables do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no cal se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.
Folleto informativo para traballadoras do Servizo Galego de Saúde en situación de violencia de xénero.
Serán distribuidos entre o persoal do Servizo Galego de Saúde.
Este novo número de Agroexprés conta coa participación, ademais do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, doutros centros de relevancia dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, o cal permitirá achegar contidos en novas liñas de traballo.