Guía xurídica para a protección á infancia e á adolescencia

Autor/a
Míguez Caridad
Santiago
Sinopse

Esta guía é unha revisión actualizada dunha iniciativa anterior elaborada por ACOUGO, Asociación Galega de Familias de Acollida e que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Séguese practicamente o mesmo esquema de contidos de 2002, pero actualízanse ata a data de decembro de 2021 e déixase permanentemente aberta a posibilidade de ir engadindo sucesivas cuestións prácticas.
A publicación parte da base de que a lexislación vixente ten como principal obxectivo atender da forma máis segura o interese superior de nenos, nenas e adolescentes. Con este obxectivo edítase esta Guía que serve tamén de apoio para os equipos técnicos que forman parte do sistema de protección (Servizos sociais especializados, servizos sociais comunitarios ou entidades do terceiro sector)

Ficha técnica

Editorial
Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Santiago de Compostela
Ano de edición
2022
Edición
Lingua/s
Galego
Volumes
1
Páxinas
93
Medidas
21
30