Catálogo

Amosando 61 - 72 de 76

Actas do Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos nas que se recollen os artigos referentes aos relatorios e comunicacións presentados. Contén tamén un CD no que, mediante un índice, pode accederse aos arquivos en PDF e JPG dos pósteres que estiveron expostos durante as xornadas nas que se desenvolveu, na recepción do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Os pósteres recollen diversas experiencias, tanto de España como de Portugal, de xacementos musealizados e preparados para a visita do público. Aínda que a lingua prioritaria é o galego, mantivéronse as orixinais dos artigos (galego, castelán, portugués e inglés), debido á natureza internacional do evento.

28,00 €
Lingua/s
Castelán
Galego

Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a contextualiza. Ten en conta aspectos como a tradición da súa viaxe como peregrino a Compostela, o nacemento da súa orde, a arte do seu tempo, etc. A publicación presenta ademais o catálogo de obra da exposición do mesmo nome, que se inaugurou o 26 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela.

Autor/a
Cortés López
Miriam Elena
Lingua/s
Castelán
Galego

Recentemente foi localizado nos fondos do Arquivo Provincial de San Francisco de Santiago (APFS) un caderno manuscrito titulado "Algunos cortes de arquitectura", redactado por Francisco Antonio Fernández Sarela, arquitecto compostelán do século XVIII e pai dunha gran saga de artistas, á cabeza dos que se atopa Clemente Fernández Sarela. Esta obra recolle o estudo de Miriam Elena Cortés López verbo deste texto, a súa transcrición e mais a reprodución do orixinal a través de fotografías a toda cor.

12,00 €
Autor/a
Barriguín
Fr. Hipólito
Lingua/s
Castelán
Galego

No ano 1914 o padre Atanasio López publicaba o traballo máis completo sobre a vinda de san Francisco de Asís a España na revista fundada por el mesmo, "Archivo Ibero-Americano" (Revista Franciscana de Estudios Históricos). Preséntase aquí unha transcrición desa publicación e un breve estudo introdutorio sobre a figura do P. Atanasio López escrito polo padre Hipólito Barriguín.

Actas do VIII Congreso de Estudos Xacobeos, celebrado en Santiago de Compostela con motivo do ano xacobeo 2010. O volume continúa a colección científica da Xunta de Galicia, interrompida dende o ano 2005.

Este segundo volume contén, ademáis dunha breve introdución, cinco artigos de diversos especialistas que afondan, os uns, sobre a historia da protección do patrimonio cultural en Galicia ata o comezo da actividade da Xunta de Galicia, e os outros, sobre o panorama actual que a xestión deses bens presenta desde o punto de vista da Administración competente na materia.

O primeiro volume recolle as imaxes dos 103 documentos procedentes de diversos artigos seleccionados para a exposición (por motivos de espazo, finalmente só se expoñen 69) e as súas descricións, así como unha introdución e un índice alfabético (onomástico, toponímico e de materias) para a súa recuperación.