Catálogo

Amosando 325 - 336 de 2048
Autor/a
Brea
Mercedes
Autor/a
Fernández Guiadanes
Antonio
Autor/a
Pérez Barcala
Gerardo
Lingua/s
Galego

Colocci encargou realizar dúas copias dun “Libro di portughesi”, do que levou a cabo unha revisión e estudo e deixou sobre eles anotacións de tipos moi diversos. Este volume presenta a transcrición paleográfica e unha proposta de edición de todas esas notas e tamén un estudo de conxunto que intenta agrupalas establecendo unha tipoloxía que responda aos intereses que o moveron a escribilas.

Autor/a
Suárez Luque
Silvia
Autor/a
Gómez Amorín
Ángel
Autor/a
Almazán Ortega
Raquel [et.al.].
Lingua/s
Galego

Documento de análise do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, descrición do circuíto organizativo do programa e principais resultados do período 2013-2020.

Lingua/s
Inglés
Galego

Proposta didáctica para o programa “Vexo Veo Xacobeo”, dirixida ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria. Conxunto de actividades que amosan a riqueza do patrimonio cultural, material e inmaterial, patrimonio natural e valores que definen o Camiño de Santiago.

Entidade
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Coordinador/a
Rodríguez Galdo
María Xosé
Lingua/s
Galego

Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en xullo de 2018. O informe, estruturado en dúas partes, analiza polo miúdo os procesos do cambio demográfico en Galicia, polo que adquire especial relevancia a inclusión de todos aqueles aspectos relacionados coa súa modernización social e demográfica (roles de xénero, estruturas familiares, seguridade ante a morte, aumento do capital humano, produtividade do traballo, relacións interxeracionais etc.). Esta primeira parte remata con anexos con informes, estatísticas e referencias que completan e amplían a información.
Na segunda parte, e baseándose na metodoloxía DAFO-CAME, analízanse e detéctanse as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que, en materia demográfica, afectan a Galicia.

Coordinador/a
Pacheco Vázquez
Mercedes
Tradutor/a
Pacheco Vázquez
Mercedes
Tradutor/a
Pérez Vila
Roi
Ilustrador/a
Seijas Cruz
Antonio
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.