Estudo co que se pretende optimizar o actual Banco de Produtos de Apoio de Galicia. A elaboración desta enquisa responde á necesidade de dispor dunha base de coñecemento que permita desenvolver accións específicas coas que acadar o obxectivo marcado: determinar a percepción e a valoración dos produtos de apoio máis coñecidos e demandados polas federacións e asociacións que serven de apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias.