Guía práctica de lesiones por quemadura. 2ª edición: Guía Nº 5. Datos
Sinopse
A presente Guía práctica de lesiones por quemaduras (Guía práctica nº 5, 2ª edición) intégrase dentro da colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde; de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do programa Úlceras Fóra.
Esta 2ª edición confórmase como unha síntese das últimas actualizacións da proba científica arredor das mellores intervencións asistenciais e prácticas preventivas na abordaxe das lesións por queimadura.
A guía está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e está coordinada desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.


