Proceso asistencial integrado de Esclerosis Lateral AmiotróficaDatos
Sinopse
O proceso asistencial integrado da esclerose lateral amiotrófica elaborouse co obxectivo de crear un proceso de traballo común en todas as áreas para facilitar a asistencia sanitaria ás persoas diagnosticadas desta enfermidade.Establécense actuacións como o asesoramento continuo, as consultas en acto único, a coordinación asistencial, tanto entre especialidades como coa atención primaria e a coordinación administrativa do sistema sociosanitario.Neste proceso participaron profesionais das diferentes áreas sanitarias especialistas en neuroloxía, endocrinoloxía, pneumoloxía, psicoloxía clínica, rehabilitación, traballo social e hospitalización a domicilio.


