Boletín de información terapéutica do Servizo Galego de Saúde. Nº 1-2018: Prácticas seguras con medicamentos de uso crónico IDatos
Sinopse
O boletín de información terapéutica do Servizo Galego de Saúde é un novo boletín onde se quere informar sobre novidades relevantes na terapéutica. No nº 1 do ano 2018 informamos sobre unha nova estratexia en materia de seguridade dos pacientes. O obxectivo do boletín "Prácticas seguras con medicamentos de uso crónico I" é dar a coñecer a evidencia científica dispoñible (estudos, alertas de seguridade, boletíns, consensos de expertos...) sobre o risco que pode levar consigo a utilización de certos medicamentos en determinadas situación clínicas ou cando están asociados a outros medicamentos, así como proporcionar recomendacións para evitar potenciais problemas de seguridade, en relación con 14 criterios seleccionados.

