Plan de control da cadea alimentaria en GaliciaDatos
Sinopse
Documento no que se reflicte a planificación das actividades de control oficial recollidas no PNCOCA nesta comunidade autónoma; abarca a totalidade da cadea alimentaria, desde a produción primaria ata o consumidor final, e implica todas as autoridades competentes con responsabilidade na seguridade alimentaria de pensos e alimentos, do benestar dos animais e a información ás persoas consumidoras.
O documento elaborouse para visualizar nun único texto todas as actividades de control oficial que as distintas unidades da Xunta de Galicia con competencias en materia de seguridade alimentaria dos pensos e alimentos e de benestar dos animais realizan.
Organízase en distintos apartados, coa finalidade de reflectir dunha forma ordenada as estruturas administrativas, competencias, recursos, criterios operativos de planificación e de mellora continua das actividades de control.

