Avaliación do impacto en saúde. Implantación en Galicia.Iinforme de resultados dun obradoiro con profesionais da Consellería de Sanidade da Xunta de GaliciaDatos
Sinopse
A OMS define a avaliación de impacto en saúde (AIS) como unha combinación de procedementos, métodos e ferramentas polas cales unha política, un programa ou un proxecto pode ser avaliado en función dos seus potenciais efectos sobre a saúde da poboación e da distribución destes na dita poboación. O obxectivo xeral da AIS é ofrecerlles información a quen toman as decisións sobre as implicacións na saúde que teñen as políticas que se van establecer, tendo en conta valores como a democracia, a equidade, o desenvolvemento sostible e o uso ético da evidencia. En outubro de 2012 impartiuse en Santiago de Compostela o curso Introdución á Avaliación do Impacto en Saúde, cunha parte non presencial, que se desenvolveu en liña e cuxos resultados se presentan neste informe.

