Informe técnico del programa de vigilancia sanitaria de las zonas de baño de Galicia 2012Sinopse
O Programa de vixilancia sanitaria das xonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, desde o ano 1988. Na nosa Comunidade Autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de tempada téñense 8 controis que son os necesarios para clasificar sanitariamente as zonas de baño. Os parámtetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 1841/2004, de 11 de octubre, sobre la gestión de la calidad de las aguas de baño). Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación é en formato electrónico. Nesta diferéncianse dous apartados, o informe e os anexos. No anexo II móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación sanitaria final de cada unha.

