Os seguintes cinco fascículos da serie de investigación Pescuda no Arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. Estos cinco números están dedicados á vestimenta, á educación, á diversión, aos oficios e aos transportes.
Os seguintes cinco fascículos da serie de investigación Pescuda no Arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. Estos cinco números están dedicados á vestimenta, á educación, á diversión, aos oficios e aos transportes.
Primeiros cinco fascículos da serie de investigación Pescuda no Arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. Estos cinco primeiros números están dedicados ás enfermidades, á medicina, á alimentación, ás casas e ao enxoval.
Publicación que recolle o resultado do traballo de investigación realizado polos autores sobre a colección numismática que forma parte dos fondos que custodia o Museo das Peregrinacións e de Santiago. O estudo contempla a catalogación minuciosa de cada peza numismática e a súa contextualización histórica e arqueolóxica.
Jane & Louise Wilson. Tempo suspenso é o catálogo da exposición do mesmo título celebrada no CGAC entre os meses de novembro de 2010 e xaneiro de 2011. No contexto da arte contemporánea, as obras de Jane e Louise Wilson están fóra do común polo seu pronunciado sentido do presente como parte do tempo histórico e, en particular, pola súa preocupación por un sentido concreto do presente europeo como época do final da posguerra. Os seus traballos funcionan internamente de acordo coas formas de conciencia histórica características da cultura literaria, fílmica, radiofónica e televisiva dominante no Reino Unido, aínda que a modulan e a reinverten de modos novos.
Novidoso libro colectivo, que celebra a escenificación do drama litúrxico "O Misterio de Elche" na igrexa compostelá de San Martiño Pinario. Con prólogo de Vicente Molina Foix e coordinado por Francisco Singul, nel participaron investigadores, historiadores e filólogos de varias universidades, nun conxunto de textos que forman unha sorte de fusión da cultura da "Festa" (Misteri d'Eltx) e o legado patrimonial do Camiño de Santiago.
Libro-catálogo da exposición celebrada en Compostela no ano santo de 2004 que, ademais do catálogo de obra da mostra, recolle estudos de recoñecidos autores de España, Italia e Portugal sobre a figura do príncipe Cosme III de Médicis e a súa visita a Compostela, en 1669. A través das súas páxinas coñeceremos a España que percorre, reflectida nas magníficas acuarelas de Pier Maria Baldi, a arte florentina da época, a música, a lingua, etc.
Catálogo que conta cunha presentación institucional do director xeral do Patrimonio Cultural e tres artigos en lingua galega -traducidos para o castelán na parte final da obra-, que falan da historia da pesca da balea en Galicia e das fotografías de Félix Lorrio. Nestas amósase o que era o traballo cotián na factoría baleeira dos Massó en Cangas a principios dos oitenta e nas vésperas da moratoria que impediu a súa caza.
Número dezasete de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título “Iacobus Harmonicus: Santiago, Compostela e a música”, o volume que presentamos aos nosos lectores reúne artigos especializados en musicoloxía. O obxectivo é abrir, por vez primeira, os estudos composteláns á perspectiva musicolóxica e histórica máis ampla posible, para examinar “Santiago, Compostela e a música” coa idea de ecos e harmonías sonoras que resoan cunha historia milenaria e que xa están presentes nas paisaxes sonoras contemporáneas. Turismo de Galicia e a S.A de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúas partes monográfica e xeral.
Esta obra constitúe a segunda parte doutra obra titulada Igrexas mosteirais e conventuais de Galicia. Descrición gráfica das declaradas monumento. Ambas as dúas son editadas no contexto dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña, para a realización do inventario gráfico e levantamento planimétrico do patrimonio monumental de Galicia. Este libro recolle vinte e seis igrexas de antigos cenobios: dez pertencen á provincia da Coruña, nove á de Lugo, seis á de Ourense e unha á de Pontevedra.
As actas do XII Congreso internacional de estudos xacobeos son o resultado de darlle continuidade ao longo proceso que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago iniciou no ano 1992, abrindo novas fronteiras á investigación. Nesta ocasión, un grupo de profesionais reuniuse na cidade de Santiago de Compostela, do 22 ao 26 de marzo de 2022, co propósito de analizar a peregrinación xacobea das derradeiras décadas; unhas xornadas divididas en tres epígrafes: o saber da investigación, o andar das redes de itinerarios e hospitais, e o crer da espiritualidade e das devocións do Camiño. O congreso pon de manifesto, unha vez máis, a relevancia dos relatores e a calidade e variedade das intervencións, con recoñecidos investigadores de España, Alemaña, Canadá, Italia, Francia, Polonia, Xapón, Grecia e os Estados Unidos.