A través de fichas, esta publicación electrónica en liña dános un estudo polo miúdo do mercado laboral na Comunidade Autónoma de Galicia; achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
A través de fichas, esta publicación electrónica en liña dános un estudo polo miúdo do mercado laboral na Comunidade Autónoma de Galicia; achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
A liña de traballo consistente na publicación de material epistolar da autoría de sobranceiras figuras da nosa literatura ou dos nosos estudos filolóxicos, ten unha nova contribución en Cartas a Fermín Penzol, quen foi ilustre mecenas da cultura galega. Ramón Piñeiro, Ben-Cho-Shey, Cabanillas e Otero Pedrayo son os autores deste moi interesante feixe de cartas que se reproducen con escrupuloso respecto aos textos orixinais e se completan con observacións críticas co engadido de abondosas notas a rodapé.
O limiar e mais a nota de edición caracterizan e xustifican o contido deste libro e as súas peculiaridades filolóxicas.
Volume preparado para presentar a totalidade da obra escrita do ensaísta García-Sabell dentro dun mesmo paradigma hermenéutico. Está dividido en dúas partes: a primeira debulla os principios teóricos, mentres que a segunda remata por ser unha aplicación á cultura galega do tempo que lle tocou vivir (segunda parte do século XX). Como pano de fondo que se mantén ao longo de todas as epígrafes esculcados, mantense unha mesma secuencia: unha breve introdución a cada capítulo seguida dun desenvolvemento tripartito.
Publicación electrónica en liña que presenta dun xeito estruturado e coherente o total dos datos estatísticos correspondentes ao ámbito da educación non universitaria do curso 2012/13. Recóllense todos os aspectos cuantificados, a través de distintas fontes, e faise referencia tanto aos centros públicos coma aos privados nos distintos tipos e niveis de ensinanzas no ámbito galego.
Esta publicación foi revisada polo Servizo de Formación, Asesoramento Lingüístico e Proxección Exterior da Lingua da Subdirección Xeral de. Política Lingüística
Difundirase soamente na web no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no sitio temático “Estatísticas Educativas”: http://www.edu.xunta.es/web/node/2956
Novo boletín informativo de periodicidade bimestral da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
A publicación Preguntas reais ou preguntas retóricas recolle as distintas reflexións sobre os criterios que deben guiar as actuacións dos servizos de actividades e proxectos educativos dentro do marco dos museos e centros culturais, conclusións froito das charlas dos especialistas que participaron nas xornadas e encontros de educación artística realizadas no Centro Galego de Arte Contemporánea e no Centre Civic Sant Andreu en maio do 2006.
Nesta obra Ramón Villares e Marcelino Fernández fan unha aproximación global ao feito migratorio galego con destino a América, aproximación feita desde dúas vertentes ben diferenciadas: nunha ofrécese unha visión máis ampla que atinxe ao marco xeral europeo e á propia historia de Galicia e noutra, máis sistemática, exponse o proceso migratorio galego desde o Antigo Réxime ata o repunte final da emigración americana nos anos da posguerra.
Informe resumo de actuacións realizadas ao longo do servizo icoopera
María José García Blanco é a responsable desta nova edición da tradución a castelán do Códice Calixtino, presentada en 1951 polos profesores A. Moralejo, C. Torres e J. Feo, e reeditada pola Xunta de Galicia en 1993, 1999 e 2004. A profesora García Blanco xa participara con J.J. Moralejo na revisión de 2004. Preséntase agora unha nova edición revisada e corrixida, que inclúe novos rexistros bibliográficos.
Edición de carácter bibliográfico que recolle a reprodución literaria galega anual tanto no ámbito de creación coma no da información relativa á posta en escena de obras literarias, premios e revistas en formato CD. Resultado do proxecto de investigación "Informes de literatura", que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Guía de recomendacións para o uso da innovación e as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas cooperativas galegas. Proxecto Icoopera.
Edición actualizada da guía do conxunto patrimonial do Museo e o Castro de Viladonga, elaborada polos servizos técnicos do Museo baixo a dirección do centro, estruturada en catro capítulos que se corresponden coas salas de exposción permanente; feita nos dous idiomas oficiais de Galicia e acompañada dos textos en alemán, francés e inglés. Ademais de destinarse á venda ao público, a publicación servirá para os intercambios bibliográficos que estableceu o Museo con institucións similares, o que supón un notable incremento da súa biblioteca auxiliar especializada.