San Xulián de Samos. Historia e arte nun mosteiro: Opus Monasticorum III
30,00 €
Sinopse
Nesta terceira entrega do proxecto “Opus monasticorum”, que acomete o estudo e investigación da arte beneditina nos Camiños de Santiago, a análise céntrase no mosteiro de San Xulián de Samos. A recompilación de artigos aborda a historia deste centro monástico e a súa repercusión na arte e na cultura. Nesta obra, a través da contribución de máis dunha ducia de expertos, analízanse polo miúdo aspectos artísticos, arquitectónicos, socioeconómicos e políticos. A publicación inclúe un CD-Rom cun apéndice documental.
Ficha técnica
ISBN-13
978-84-453-4690-7
Editorial
Consellería de Innovación e Industria, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Santiago de Compostela
Ano de edición
2008
Edición
1ª
Lingua/s
Galego
Ilustracións
cor
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
296
Medidas
21
26
Material anexo
Inclúe CD-Rom