Libro promocional do Camiño de Santiago en xaponés concibido para a súa difusión no país do sol nacente. A través das súas 120 páxinas preténdese explicar, de xeito sinxelo, o que significa o Camiño de Santiago, as súas orixes, as súas distintas variantes, o seu patrimonio cultural e espiritual, etc.