Vídeo de presentación do Programa para a promoción da saúde no ámbito laboral da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Vídeo de presentación do Programa para a promoción da saúde no ámbito laboral da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Vídeo de presentación do Plan de Obesidade Zero en Galicia.
Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2021e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).
Campaña de prevención do consumo de tabaco nas praias marítimas e fluviais.
Campaña de prevención do consumo de tabaco nas praias marítimas e fluviais.
Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social.
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2021 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.
Documento de análise do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, descrición do circuíto organizativo do programa e principais resultados do período 2013-2020.
Tríptico a través do cal se ofrece información correcta sobre a doazón de sangue aos cidadáns para que aqueles que o desexen se fagan doantes.
Resultados do Programa galego de detección precoz do cancro de mama correspondentes ao período 1992-2020.
Catálogo de Social services centres onde se recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.
Este catálogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.
Catálogo de centros de servizos sociais onde se recollen de forma clara, e por orde cronolóxica, todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.