Catálogo

Amosando 1 - 12 de 1008
Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Igualdade
Lingua/s
Galego

Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2025 e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).

 

 

Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Triñanes Pego
Yolanda
Autor/a
Gómez Salgado
Patrcia
Lingua/s
Castelán

O trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) é unha enfermidade neuropsiquiátrica que afecta gravemente a calidade de vida. En casos graves e refractarios a tratamentos farmacolóxicos explóranse opcións como a estimulación cerebral profunda (ECP). A través dunha revisión sistemática, realizada no marco dun proxecto de Living Evidence, identificáronse 12 ensaios clínicos aleatorizados cruzados (112 pacientes), que avaliaron o uso da ECP activa (ON) en comparanza coa ECP simulada (OFF). Os resultados amosaron reducións na gravidade do TOC (medida coa escala E-BOCS) na comparación ON vs OFF. Informouse dun total de 52 eventos adversos graves en 57 pacientes. A evidencia sobre outras variables, como a calidade de vida ou a función cognitiva, foi limitada.

Autor/a
Asorey Veiga
Vanesa [et al.]
Lingua/s
Galego

A publicación ten como finalidade estandarizar o acceso das persoas con sospeita dunha enfermidade rara aos estudos xenéticos en todas as áreas do Sergas, establecendo un circuíto común e homoxéneo. Garantirase así o proceso completo de asesoramento xenético recollido na lexislación vixente, que inclúe a consulta pretest, a realización da análise xenética e a consulta postest. Ademais, defínese o circuíto de acceso para os familiares daqueles pacientes nos que se confirme o diagnóstico dunha enfermidade rara.

Autor/a
Casteleiro Roca
Mª del Pilar
Autor/a
Nión Seijas
María del Carmen
Autor/a
Trillo Carlin
María Elisa
Lingua/s
Inglés

A presente Guía práctica de lesións por queimadura (Guía práctica nº 5, 2ª edición) intégrase dentro da Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde, de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do programa Úlceras Fóra.
Esta segunda edición confórmase como unha síntese das últimas actualizacións da evidencia científica arredor das mellores intervencións asistenciais e prácticas preventivas na abordaxe das lesións por queimadura.
A Guía está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e é coordinada desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.

Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.

Autor/a
Arrojo Romero
Manuel [et al.]
Lingua/s
Galego

O presente documento ten como finalidade definir un modelo organizativo de atención colaborativa en saúde mental no ámbito da Atención Primaria, incorporando de maneira efectiva a psicoloxía clínica no primeiro nivel asistencial. Este modelo oriéntase a mellorar a detección, a abordaxe e o seguimento dos trastornos mentais comúns, reforzando a coordinación entre niveis asistenciais e optimizando o uso dos recursos dispoñibles. Así mesmo, pretende garantir á cidadanía unha atención á saúde mental máis accesible, homoxénea e equitativa en todo o territorio.

Autor/a
Piñeiro Redondo
Alicia
Autor/a
Alonso Fachado
Alfonso
Autor/a
Suárez Domínguez
María Mercedes
Lingua/s
Galego

O obxectivo principal do Plan galego de reprodución humana asistida é a mellora das prestacións recollidas na carteira de servizos do Servizo Galego de Saúde e, adicionalmente, mellorar as ratios de natalidade en Galicia.
Este plan está dirixido a persoas con capacidade de xestar pero que precisan axuda dada a imposibilidade de conseguilo de forma natural, non seren susceptibles para logralo con tratamentos exclusivamente farmacolóxicos ou tras o fracaso destes, así como aquelas persoas que, contando cun estado de saúde e unha idade bioloxicamente adecuadas para a maternidade (30-35 anos), deciden adiar a súa xestación por motivos persoais.

Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.

Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.

Este manual elaborouse para darlle a coñecer ao persoal de novo ingreso da Dirección Xeral de Saúde Pública a información útil sobre as características básicas desta organización, coa finalidade de facilitar a súa incorporación e adaptación ao novo posto de traballo, fomentando a creación de contornas laborais promotoras de saúde inclusivas, respectuosas, baseadas na igualdade e orientadas ao benestar laboral.

Coordinador/a
Durán Parrondo
Carmen
Autor/a
Mato Naveira
Inés
Autor/a
Infanzón Álvarez
Nieves
Autor/a
García Carbajales
Mª Carmen
Autor/a
Enríquez Echevarría
Mª José
Autor/a
Quintás Blanco
Isabel
Autor/a
Fernández Nocelo
Susana
Lingua/s
Galego

O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (LSPG) é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia no ámbito da protección da saúde, é dicir, no ámbito da saúde ambiental e da seguridade alimentaria.
O LSPG atópase nun momento de cambio en que é imprescindible dispoñer dunha estratexia global que recolla as liñas de actuación arredor das cales xirará a actividade da organización nos próximos cinco anos e que defina os obxectivos para acadar durante o período de vixencia.

Autor/a
Candal Pedreira
Cristina
Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Faraldo Vallés
María José
Autor/a
Mejuto Martí
Teresa
Lingua/s
Castelán

A radioterapia Lattice é unha modalidade de radioterapia espacialmente fraccionada que administra doses heteroxéneas en tumores profundos, voluminosos, metastásicos ou irresecables, combinando áreas de alta e baixa dose. A evidencia dispoñible procede principalmente de series de casos e un estudo transversal, sen comparacións coa radioterapia convencional. Os resultados suxiren posibles reducións do volume tumoral, respostas parciais ou completas e alivio de síntomas, con eventos adversos maioritariamente leves. Con todo, debido ao deseño metodolóxico dos estudos, a certeza da evidencia é moi baixa. Ademais, a súa implementación clínica require formación específica, planificación complexa e protocolos estandarizados. Aínda que os datos preliminares son prometedores, a efectividade e seguridade a longo prazo son incertas.