Guía actualizada para empresas, axentes sociais e operadores xurídicos eminentemente práctica, enfocada a clarificar as dúbidas que poidan existir durante as distintas fases de negociación, deseño e aplicación dun plan de igualdade. Ao longo deste documento profundízase tanto na normativa aplicable a cada fase do proceso coma na xurisprudencia e na doutrina máis relevante, dando resposta a preguntas frecuentes e a supostos prácticos reais.