Catálogo correspondente á exposición Isaac Díaz Pardo. Pinturas e Fracasos, na que se mostra un conxunto de obras do artista, e na que se referencia a súa traxectoria como pintor, etapa curta pero de grande importancia.
Catálogo correspondente á exposición Isaac Díaz Pardo. Pinturas e Fracasos, na que se mostra un conxunto de obras do artista, e na que se referencia a súa traxectoria como pintor, etapa curta pero de grande importancia.
En 1993 Paul Gilroy cuñou o termo "Atlántico Negro" para se referir á fusión das culturas negras con outras de todo o Atlántico. O seu libro tivo unha enorme influencia na percepción e na análise da cultura negra no campo dos estudos culturais e alentou debates críticos que seguen en marcha. "Afro Modern. Viaxes polo Atlántico negro" recolle esa idea do océano Atlántico como continente en negativo, como unha rede de culturas circundantes e interconectadas que abrangue África, América do Norte e do Sur, o Caribe e Europa, e perfila rutas reais e imaxinarias emprendidas por artistas de todo o Atlántico desde 1909 até os nosos días.
O catálogo da exposición "Espectral" propón unha relectura dos fondos das coleccións do CGAC a partir da mostra comisaria por Miguel von Hafe Pérez que acolleu o centro compostelán durante o primeiro semestre de 2010. A mostra, que reúne obra de medios tan distintos como o debuxo, a pintura, o vídeo, o gravado e a escultura, ábrese a diferentes perspectivas sobre a memoria como sistema conceptual e perceptivo cuxa recepción a arte consegue densificar.
Estudo da obra dos artistas surrealistas Mario Cesariny e Artur Cruzeiro-Seixas, historias portuguesas dese movemento, e con base no poema You are welcome to El sinore.
Catálogo da exposición A aventura modernista, celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña, no que se inclúen as reproducións fotográficas de todas as obras, así como os textos introdutorios.
A monografía Bas Jan Ader. Entre dos tierras recupera o traballo dun dos artistas máis fascinantes da segunda metade do século XX. Dacabalo entre o romanticismo de Friedrich e oracionalismo de Mondrian, pero cos dous pés firmemente instalados nas novas linguaxes conceptuais que se xestaban en California, a súa obra é hoxe esencial para as novas xeracións de artistas.
En 1993 Paul Gilroy cuñou o termo "Atlántico negro" para se referir á fusión das culturas negras con outras de todo o Atlántico. O seu libro tivo unha enorme influencia na percepción e na análise da cultura negra no campo dos estudos culturais e alentou debates críticos que seguen en marcha. "Afro Modern. Viaxes polo Atlántico negro" recolle esa idea do océano Atlántico com continente en negativo, como unha rede de culturas circundantes e interconectadas que abrangue África, América do Norte e do Sur, o Caribe e Europa, e perfila rutas e imaxinarias emprendidas por artistas de todo o Atlántico desde 1909 até os nosos días.
Esta publicación é o catálogo da exposición Cámara Barroca, que tivo lugar entre outubro e decembro de 2010 no Claustro Alto do Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Nesta exposición dáse unha visión da arquitectura barroca galega a través das fotografías de seis fotógrafos galegos de recoñecido prestixio.
Selección de obras fotográficas realizadas por Luis Gabú resultado das súas investigacións e viaxes por Etiopía, nas que o autor reflicte a existencia dun núcleo cristián que se mantivo á marxe das relixións musulmá e xudía.
A fotografía de Jeff Wall está consciente e fondamente enraizada no social: na comunidade artística de Vancouver, onde xurdiu o seu traballo a comezos dos anos setenta, nas políticas raciais e de xénero do noso tempo, que analiza con excelente claridade nas súas caixas de luz de gran formato equiparables coa pintura pola súa escala e pola súa magnificencia. Neste volume, editado polo profesor Hans de Wolf e con contribucións de artistas e estudosos da súa obra, como David Claerbout, Roy Arden, Michael R. Taylor ou Peter Osborne, atopamos unha colaxe das referencias culturais que influíron na obra do artista canadense canda unha selección de aproximadamente 25 das súas obras máis salientables, realizadas entre os anos setenta e a actualidade.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou no outono de 2014, dentro das actividades que desenvolve esta institución no ano sinalado.
Catálogo relativo á exposición que tivo lugar, en 2012, na Casa da Parra arredor da obra de Vítor Mejuto. Marcada pola inclinación cara a propostas xeométricas que se basean no exercicio dunha caligrafía persoal que ten como referencia o método, o cálculo e a intuición.