Afro Modern: Viaxes a través do atlántico negro / Edición de Tanya Barson e Peter Gorschlüter
En 1993 Paul Gilroy cuñou o termo "Atlántico Negro" para se referir á fusión das culturas negras con outras de todo o Atlántico. O seu libro tivo unha enorme influencia na percepción e na análise da cultura negra no campo dos estudos culturais e alentou debates críticos que seguen en marcha. "Afro Modern. Viaxes polo Atlántico negro" recolle esa idea do océano Atlántico como continente en negativo, como unha rede de culturas circundantes e interconectadas que abrangue África, América do Norte e do Sur, o Caribe e Europa, e perfila rutas reais e imaxinarias emprendidas por artistas de todo o Atlántico desde 1909 até os nosos días.