Fronda é unha publicación periódica bimestral en formato electrónico coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (27) faise a cuarta entrega, relativa aos fondos notariais, neste caso a través dun protocolo e dun documento procedente dun expediente xudicial, nos que o mesmo escribán dá fe pública extraxudicial e fe pública xudicial respectivamente, o que permite explicar os tipos de fe pública e de escribáns e notarios.