Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (47), a partir dun plano da Prisión Central de Celanova, faise un achegamento ao fondo documental deste establecemento penitenciairio, creado durante a Guerra Civil para recluír presos políticos fundamentalmente.