Fronda. Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense | Nº 25: Ano 4: novembro-decembro 2009
0,00 €
Sinopse
Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (25) faise a segunda entrega, relativa aos arquivos da fidalguía, neste caso a través dun libro tombo da casa dos Boán que nos introduce na historia familiar desta liñaxe ourensá, famosa por falsificar innumerables documentos para engrandecer o seu pasado.
Ficha técnica
Editorial
Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Santiago de Compostela
Ano de edición
2010
Edición
1ª
Lingua/s
Galego
Ilustracións
cor
Volumes
1
Páxinas
2
Medidas
21
30