Catálogo

Amosando 49 - 60 de 135
20,00 €
Autor/a
Fernández Conde
Sheila
Lingua/s
Galego

O cambio político-social producido nos anos 60 a nivel internacional, repercutíu tamén, como é lóxico, na sociedade galega, onde a mocidade irrompe con forza tratando de romper cos moldes tradicionais e reformulando valores. Neste contexto, a toma de posesión de espazos, a canción substituía ao mitin, así nace en Santiago arredor do mítico ano de 1968 un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes. Este libro trata do contexto pasado e futuro arredor deste grupo.

"Da medición de impacto á mellora. Metodoloxía de avaliación de eventos culturais. O caso do Festival de Cans" é un traballo de investigación sobre o festival galego de curtometraxes. Ao longo do estudo mediuse o impacto do festival nas súas dimensións económica, social e comunicativa e obtivéronse datos que permiten á organización xustificar o investimento público, atraer investimento privado e motivar a asistencia do público. Coa información recollida das persoas participantes establecéronse relacións entre variables demográficas, hábitos de consumo, percepción do festival e gasto, co obxectivo de establecer propostas de mellora que permiten axustar a oferta á demanda, potenciar a comunicación e maximizar a xestión económica. O traballo péchase cun sistema de indicadores, creado ad hoc para o evento, que permite posicionar o produto no mercado cultural e diagnosticar tendencias no modelo de festival apoiando a toma de decisións.

Publicación recompilatoria dos relatorios presentados durante as decimoquintas Xornadas Estatais de Departamentos de Educación e Acción Cultural, que se desenvolveron no Museo de Belas Artes da Coruña en outubro de 2008.

32,00 €
Autor/a
Francisco Olmos
José Mª de
Coautor/a
Novoa Portela
Feliciano
Lingua/s
Castelán
Galego

Publicación que recolle o resultado do traballo de investigación realizado polos autores sobre a colección numismática que forma parte dos fondos que custodia o Museo das Peregrinacións e de Santiago. O estudo contempla a catalogación minuciosa de cada peza numismática e a súa contextualización histórica e arqueolóxica.

15,00 €
Autor/a
Fernández Fernández
Adolfo
Lingua/s
Galego

Publicación monográfica sobre o centro de produción de ánforas de época romana localizado en Bueu. Inclúe un anexo sobre o proceso de restauración e reintegración dunha ánfora tipo San Martín de Bueu 1. Trátase dunha publicación ilustrada con fotografías, debuxos e mapas con carácter divulgativo.

25,00 €

Trátase do catálogo da exposición que se desenvolveu no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia desde o 20 de decembro de 2016 ata o 20 de marzo de 2017. Complementan o catálogo das 120 pezas que figuraron na exposición dez artigos de profesionais de diferentes ámbitos que achegan a súa visión da paisaxe.

Catálogo da exposición Agion Oros. Peregrinación ao Monte Athos. Fotografías de Fernando Moleres, que recolle imaxes deste fotógrafo sobre o patrimonio monumental e paisaxístico do Monte Athos, principal centro cultural da Igrexa ortodoxa. A exposición estará visitable entre o día 7 de xullo e o 15 de outubro de 2017 na sala de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

48,00 €
Autor/a
Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia
Autor/a
Cabano Vázquez
Ignacio
Autor/a
Verdía Armada
Helena
Autor/a
Crespo Amado
Rosario
Autor/a
González González
José Luis
Autor/a
Rúa Pérez
Mª Luisa
Lingua/s
Galego

Repertorio, resultado dun proxecto bibliográfico elaborado conxuntamente pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Cultura -o Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico-, que recolle os rexistros bibliográficos dos fondos de distintos centros que abranguen o ámbito da produción impresa en Galicia no século XIX. O catálogo está ordenado alfabeticamente por autor persoal, entidade ou primeira palabra significativa do título ou título uniforme e con diversos apéndices e índices que facilitan a súa consulta.

5,00 €
Autor/a
Castro Carballal
Victor
Coautor/a
Ruíz Vázquez
María José
Coautor/a
Costa Muñoz
Sara
Fotógrafo/a
Miguez Amil
Santi
Lingua/s
Galego

Publicación que lle dá soporte bibliográfico baixo o formato de catálogo á exposición 'A pesca fluvial', a través da colección do Museo Etnolóxico. A mostra concíbese coma una aproximación ao universo da pesca de río, a partir das posibilidades comunicativas do fondo moble e documental do centro. Nasas, redes, embarcacións e artes de liña soportan o discurso, apoiado de maneira puntual por fotografías. Téntase achegarlle ao público técnicas e maneiras de proceder e, asemade, establecer un foro de reflexión sobre as mudanzas e afeccións sufridas pola pesca fluvial, con especial énfase no s. XX.