Ferramenta para mellorar as condicións de traballo das persoas que realizan a súa actividade profesional en explotacións de gando vacún. Axuda a desenvolver as tarefas de xeito seguro e saudable.
Ferramenta para mellorar as condicións de traballo das persoas que realizan a súa actividade profesional en explotacións de gando vacún. Axuda a desenvolver as tarefas de xeito seguro e saudable.
Consellos en materia de prevención de riscos laborais nas explotacións de gando vacún.
Breve recompilación de riscos e medidas preventivas que se deben ter en conta para mellorar as condicións de traballo nas explotacións de gando vacún e para o desenvolvemento das tarefas de xeito seguro e saudable.
Recomendacións en materia de prevención de riscos laborais nas explotacións de gando vacún: lugares de traballo, manexo dos animais, maquinaria e equipos, fitosanitarios e manipulación de cargas.
Documento sobre a prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias: rutinas de enganche e parada, preparación do terreo, fertilización, semeneira, recolleita, alimentación, actuación en caso de emerxencia, primeiros auxilios e normativa.
Guía para fomentar as boas prácticas agrícolas, gandeiras e forestais máis axeitadas en materia de conservación e sostibilidade ambiental, a través da formación e información de profesionais vinculados a estes sectores.
O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.
Percorrido pola historia da cociña monacal galega, que se abre cun breve texto de presentación de Miguel Vila, para nos introducir a continuación Xavier Castro no mundo da respostaría dos conventos e mosteiros de Galicia. A publicación complétase cunha guía dos principais cenobios do país, así como cunha breve recensión histórica de cada un deles, datos prácticos e as súas principais receitas.

Publicación na que se explica o proxecto de recuperación do queixo de San Simón: como se pasou dunha elaboración manual á aplicación das novas tecnoloxías, como dunha actividade inviable economicamente pasou a ser rendible etc. En definitiva, como se conseguiu que esta ”xoia gastronómica”, que estivo a piques de desaparecer, se recuperase en moi pouco tempo.
Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Guía confeccionada a partir da colección de sementes de tomates tradicionais galegos do banco de xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, para a recuperación dos cultivares máis antigos.