Catálogo

Amosando 769 - 780 de 2038

Publicación cuxo contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade. Así,  coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas e prácticas de risco como á distribución temporoespacial.

Autor/a
Míguez Soto
Beatriz
Autor/a
Martínez Chamorro
Enrique
Autor/a
Fernández López
Josefa
Lingua/s
Galego

Folla divulgadora  sobre a avespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), considerada a principal praga do castiñeiro europeo.

Autor/a
Míguez Soto
Beatriz
Autor/a
Martínez Chamorro
Enrique
Autor/a
Fernández López
Josefa
Lingua/s
Castelán

Folla divulgadora en castelán sobre a avespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), considerada a principal praga do castiñeiro.

O estudo responde ao resultado do traballo realizado como parte da preparación previa do futuro Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia con dous obxectivos: ampliar e actualizar a información diagnóstica dispoñible sobre o senfogarismo en Galicia e recoller consideracións e perspectivas de intervención propostas desde grupos de persoas expertas, profesionais da área e con experiencia no senfogarismo.

Estratexia que pretende integrar todos os programas que se veñen desenvolvendo nos últimos anos para a atención ás persoas en situación de cronicidade baixo un modelo de traballo coordinado e innovador, orientado a incrementar a calidade e a seguridade da atención ás/aos pacientes crónicos, a satisfacción das/dos enfermos e a implicación das/dos profesionais.