Catálogo

Amosando 61 - 72 de 2038

Informe que compila datos estatísticos sociolaborais referidos ao ano 2024 das áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, regulación de emprego, apertura de centros de traballo, empresas de traballo temporal, desprazamento transnacional de persoas traballadoras e infraccións e sancións na orde social.

A Sociedade de Cirurxía de Galicia e o Grupo Galego de Coloproctoloxía, conscientes do incremento do cancro de recto na nosa Comunidade e do cambio porcentual progresivo na incidencia desta enfermidade en pacientes mozos, celebraron unha reunión de consenso co fin de mellorar a calidade das prestacións que as unidades de Coloproctoloxía da nosa Comunidade deben achegar aos cidadáns e de elaborar unhas guías con pautas consensuadas sobre o tratamento cirúrxico do cancro de recto que lles sirvan aos cirurxiáns para unha mellor toma de decisións.
As recomendacións plasmadas nesta guía deben ser interpretadas no contexto dun traballo multidisciplinar e representan fundamentalmente a parte cirúrxica.

Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.

Este protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas nos eventos e espazos festivos establece unha serie de pautas preventivas e de actuación para cando se produza algún tipo de violencia contra as mulleres ou as persoas LGBTI en espectáculos musicais, en actividades culturais e sociais desenvolvidas ao aire libre e en festas e verbenas populares.
Inclúe unha serie de recomendacións de actuación para todas as persoas que interveñen na organización e no desenvolvemento das indicadas actividades, ás cales tamén se lles facilitan materiais de información e sensibilización sobre o rexeitamento das condutas machistas, recollidos nos anexos do protocolo.

0,00 €

Documento que actualiza a Guía técnica de abordaxe das disfuncións do solo pelviano feminino (2016) e que ten como obxectivos unificar os criterios de actuación das/dos profesionais de atención primaria implicados na atención, promoción e recuperación da funcionalidade do solo pelviano femenino, así como homoxeneizar a implantación do programa en todo o territorio de Galicia.

O coidado das persoas trans require un enfoque multidisciplinar e proactivo que aborde os tres niveis de prevención sanitaria e xere un clima de confort dende o primeiro contacto. É fundamental contar con procedementos claros e estruturados que garantan unha atención individualizada, de calidade, que atenda as demandas deste colectivo de pacientes. As recomendacións contidas neste documento teñen como finalidade proporcionar pautas para un enfoque integral e estandarizado de pacientes trans na contorna da Atención Primaria.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Cadernos de Fraseoloxía Galega estrea o novo número 25, un volume monográfico conxugado no seo do proxecto Metafras e centrado no estudo da metalinguaxe propia do campo da fraseoloxía. Os nove artigos compilados tratan sobre a terminoloxía fraseolóxica en romanés, chinés, kíkôngò, croata, galego, éuscaro e serbio, alén dun deles, na sección Varia, que se centra nas unidades fraseolóxicas da Fénix nas súas concepcións chinesa e española. O volume tamén inclúe dúas coleccións fraseolóxicas na epígrafe Recadádivas, unha no concello de Cariño e outra na obra de Manuel Leiras Pulpeiro, así como catro recensións de obras de ramas ben diversas da fraseoloxía (Recensións) e unha escolma das novidades bibliográficas neste campo de estudo (Novas).