Catálogo

Amosando 313 - 324 de 2038
0,00 €
Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Faraldo Vallés
María José
Lingua/s
Castelán

Informe de avaliación sobre a eficacia e seguridade da nutrición enteral oral domiciliaria con suplementos nutricionais orais (SNO) en pacientes con cancro en tratamento activo e con desnutrición moderada-grave. A limitada evidencia localizada non é concluínte sobre o uso dos SNO na mellora do estado nutricional, a taxa de mortalidade ou supervivencia e a calidade de vida, nin se reduce a estancia hospitalaria. A aceptabilidade dos SNO é dispar e parece estar directamente relacionada co grao de implicación dos profesionales sanitarios.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Xuventude. Dirección Xeral de Inclusión Social
Lingua/s
Galego

Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2021e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).


 

 

 

Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social. 

 

 

 

 

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Lingua/s
Galego

A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2021 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.

Director/a
Neira Rodríguez
Marta
Lingua/s
Galego

A colección de Informes de literatura publica este novo número, correspondente ao ano 2019. Trátase dunha edición electrónica en liña; de carácter bibliográfico; que recolle a produción literaria galega anual tanto no ámbito da creación como da información relativa á posta en escena de obras teatrais, así como convocatoria de premios literarios e tamén toda a información sobre as revistas culturais existentes.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta o seu número 22. Este novo volume está composto por sete artigos de temática moi variada que xiran arredor de cuestións como a variación fraseolóxica diatópica, a didáctica da lingua galega a través dos refráns, a desautomatización fraseolóxica, o tratamento da fraseoloxía nos dicionarios, o refraneiro sobre o mes de outubro nas linguas romances, o tratamento das siglas en situacións comúns heteroxéneas e a influencia do folclore nas unidades fraseolóxicas. Tamén se inclúen dúas recadádivas (a primeira, da fraseoloxía de Xermade e a segunda, do Morrazo), oito recensións e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2020.