Catálogo

Amosando 1453 - 1464 de 2038

Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden plantexar sobre a doazón de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos. Edición bilingüe.

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, procura a modificación dos patróns alimentarios e de actividade física da poboación xeral e de grupos específicos en particular. Parece existir consenso ao afirmar que as poboacións con dieta rica en vexetais e froitas e dieta baixa en graxas animais, carnes roxas e/ou calorías, presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro. A fibra é un compoñente esencial dentro dunha dieta saudable, a inxestión diaria de fibra proporciona moitos efectos beneficiosos no organismo, contribúe ao mantemento da saúde e prevén a aparición de distintas enfermidades. Nesta publicación proponse 20 menús, que inclúen pratos ricos en fibra que poden axudar a cubrir a recomendación diaria.

O obxectivo deste informe é a elaboración de guías de uso de recursos de información útiles na práctica clínica e na investigación biomédica. Como produto deste informe elabóranse dúas guías, Guía de uso de National Guideline Clearinghouse, e Guía de uso de Clinicaltrials.gov. Publicadas como separatas na edición elctrónica.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2009, que inclúe actividade asistencia, de consultoría e protección radiolóxica, así como datos sobre recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa, enquisas de satisfacción e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

O obxectivo deste traballo é avaliar a afectividade e seguridade do recambio valvular aórtico mediante prótesis sin suturas en pacientes con estenosis aórtica severa. Se pretende conocer si este procedimiento mejora la morbimortalidad hospitalaria de los pacientes de alto riesgo quirúrgico, en comparación con la cirugía convencional y/o implantación transcatéter (TAVI).

Revisión sistemática da literatura co obxectivo de coñecer a eficacia e efectividade dos test IGRAs (Interferon-gamma release assays) no diagnóstico da infección e a enfermidade tuberculosa en comparación coa proba da tuberculina, así como coñecer o coste-efectividade desta técnica.

O obxectivo da revisión sistemática foi determinar a utilidade da determinación in vitro da PCT no diagnóstico etiolóxico das infeccións do tracto respiratorio inferior. Segundo a literatura revisada a PCT parece ser un marcador útil no diagnóstico das infeccións bacterianas.

A cirugía bariátrica en pacientes con DM tipo II non obesos parece conseguir un mellor control glicémico. Sen embargo, outro tipo de intervencións preventivas e terapéuticas seguen sendo de primeira elección debido a que existe un intenso debate sobre os criterios de inclusión para esta cirugía e a baixa calidade metodolóxica dos estudos.