Catálogo

Amosando 949 - 960 de 993

Esta guía serve de ferramenta de traballo para que os profesionaos e as familias coñezan os recursos dispoñibles en Galicia en canto o sistema de detección de maltrato, medidas de prevención, axudas ou sistemas de asesoramento e para atender a nenos en situación de especial vulnerabilidade.

Este curso, estruturado en cinco módulos, enmárcase dentro dunha política de envellecemento activo que pretende axudar a mellorar a calidade de vida daquelas persoas que se enfrontan á xubilación de forma activa e saudable.
O curso, de carácter eminentemente práctico, abarca aspectos tan diversos como a saúde física e mental, as novas tecnoloxías, o tempo libre e a participación social ou aspectos xurídicos e económicos. Trata, polo tanto, de proporcionar coñecementos e recursos útiles que redundan nunha mellora na calidade de vida e promoven a autonomía dos colectivos aos que vai destinado.

Operación estatística extraída da información facilitada polos propios interesados sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa así mesmo, sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Esta estratexia ten como principal obxectivo dar unha serie de recomendacións para orientar a organización e funcionamento dos diferentes servizos (sociais, sanitarios e educativos) cara unha mellora das condicións de vida das persoas en termos de saúde e autonomía persoal. O documento estrutúrase en 3 capítulos: diagnóstico da situación, estratexia e a súa implantación en termos económicos. Engádense tamén anexos que informan sobre a metodoloxía utilizada, grupos de investigación participantes, bibliografía e índices de gráficos e táboas.

Obra en colaboración na que se reúnen todas as intervencións que con motivo da realización do Congreso Internacional sobre envellecemento activo organizado pola Secretaría Xeral de Política Social, tivo lugar na Coruña os días 15 e 16 de novembro de 2012. A publicación estrutúrase baixo 5 tipos de intervencións: Conferencias plenarias, Mesas redondas, Comunicacións, Obradoiros e Póster. Por tratarse dun recurso electrónico, a través de enlaces, accédese aos arquivos das presentacións.

Esta publicación proporciona un coñecemento do sector da dependencia no mercado laboral na comunidade autónoma galega. Aportando datos de afiliación, paro rexistrado e contratación por sectores de actividades e ocupacións.

Esta publicación proporciónanos un coñecemento sobre o mercado laboral no sector da dependencia na Comunidade Autónoma galega. Danse datos de afiliación, paro rexistrado e comtratación por sectores de actividades e ocupacións

A demanda de coidados para persoas con condicións de saúde que supoñen situacións de especial vulnerabilidade foise incrementando nos últimos anos. A previsión é que esta tendencia siga medrando durante as próximas décadas, por mor de factores como a alta porcentaxe de envellecemento, o incremento da esperanza de vida e as doenzas de natureza crónico-dexenerativa.Está dirixido a coidadores do contorno familiar de persoas en situación de dependencia con enfermidades crónicas e contempla o desenvolvemento de todas as áreas de intervención incidindo especialmente nunha tripla vertente: coñecementos, adestramentos en habilidades e desenvolvemento de actitudes adecuadas. Destacan os seguintes contidos: enfermidades cardiovasculares, accidentes cerebrovasculares, atención á enfermidade pulmonar obstrutiva crónica e como actuar ante situacións de emerxencia.

Operación estatística extraída da información facilitada polos propios interesados sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa así mesmo, sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.