Recompilación de todas as axudas, programas e servizos existentes e vixentes neste ano, tanto a nivel autonómico como estatal, que poden beneficiar a familia ou algún membro da mesma polo feito de pertencer a esa unidade familiar.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano en curso.
A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca a excepción do primeiro capítulo no que se analizan temas de carácter máis transversal como estrutura orgánica, competencias, publicacións e estatísticas, etc.
Publicación elaborada por persoas do Módulo Nelson Mandela do Centro Penitenciario de Teixeiro. Repártese entre o persoal do centro e participantes e potenciais participantes no II Plan Galego de Inclusión Social.
Manual dirixido a coidadores do contorno familiar que abrangue o desenvolvemento de todas as áreas de intervención pertinentes e incide na tripla vertente: coñecementos, adestramento en habilidades e desenvolvemento de actitudes axeitadas. Os contidos son: a promoción da autonomía persoal e a atención as situacións de dependencia na súa dobre dimensión individual e social, a dimensión sociosanitaria da enfermidade mental, técnicas para mellorar a comunicación coa persoa con enfermidade mental, manexo e afrontamento de condutas difíciles, o coidado do coidador e aspectos éticos a ter en conta (a preservación da autonomía persoal).

No marco do programa "Xuntos nos coidados" póñense á disposición das persoas coidadoras estas 25 fichas, visuais e prácticas que orientan sobre as pautas que deberán seguir nas tarefas básicas do coidado de persoas dependentes: aseo, mobilizacións, alimentación… Distribúense igualmente en formato dixital para facilitar o seu uso.
Este plan constitúe un instrumento para acadar o obxectivo de promover a participación social de toda a cidadanía e camiñar cara a unha sociedade plenamente integrada e inclusiva, partindo da confianza plena nas capacidades e oportunidades de todas as persoas, sen exclusión.
Documento que se corresponde coas actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación establecida no Plan galego das persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015. Estrutúrase en 4 capítulos aos que acompañan anexos que completan a información analizada.
Facilitar información xurídica sobre os procesos de incapacidade xurídica, tutelas, fundacións tutelares, ingresos non voluntarios en centros. Vai dirixida a familiares/titores, profesionais dos servizos sociais, directores e outros profesionais de centro para persoas con discapacidade de Galicia.
Texto do Plan de Maiores aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.
Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano 2009. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca a excepción do primeiro capítulo no que se analizan temas de carácter máis transversal como recursos humanos e económicos, igualdade laboral, publicacións, etc.
Este manual pretende ser un instrumento que permita formar sobre as principais habilidades, estratexias e procedementos para afrontar e manexar correctamente as situacións de coidado e para que as persoas coidadoras poidan desenvolver a súa tarefa coa mellor competencia técnica e emocional. Preténdese, así mesmo, impulsar o recoñecemento social das persoas coidadoras e posibilitar unha cualificación profesional na atención socio sanitaria a persoas en situación de dependencia.