O libro clásico de Cervantes en versión galega.
O libro clásico de Cervantes en versión galega.
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2015 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas dos premidados nas once especialidades, así como de fotografías dos autores e das obras gañadoras.
Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Recompilación de poemas (haikus) de escritores/as e alumnado do IES Pintor Laxeiro de Lalín.
Manual de conversa en galego dirixido ás persoas de orixe anglófona ou de fala hispana que visitan Galicia. Para distribuír a través das oficinas de Turismo de Galicia.
Sen dúbida son Ricardo Carballo Calero e Ramón Piñeiro dúas salientables figuras do panorama cultural galego da segunda metade do pasado s.XX. Carballo Calero desde a súa cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, e Ramón Piñeiro, desde Galaxia. Neste epistolario, nucleado ao redor da xestación da Historia da literatura galega contemporánea, rexistra, en máis de duascentas cartas, unha singular panorámica de feitos que van desde as iniciativas bibliográficas ata circunstancias e anécdotas biográficas. En síntese, o desenvolvemento da nosa intrahistoria cultural por dous protagonistas directos e influentes nela.
Manual de conversa en galego, para que as persoas falantes de éuscaro e catalán que visitan Galicia se acheguen dun xeito doado á nosa lingua.
Guía de conversa en galego para visitantes de orixe francesa e alemá, para poderen achegarse ao galego dun xeito doado.
Publicación da obra gañadora da VII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.
Obra coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia dentro da colección Biblioteca de Teatro, serie Manuais, na que o actor e director Clive Barker nos ofrece, como autor da publicación, a posibilidade de explorarmos e comprendermos os procesos polos que os intérpretes desenvolven o traballo actoral. Os xogos e actividades recollidos neste manual teñen como finalidade que calquera poersoa vinculada coa interpretación teatral poida desenvolver a súa técnica sen inhibicións nin artificios.
Publicación da obra gañadora da VIII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.
Publicación da obra gañadora da X edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.