Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (22) faise a segunda entrega relativa a documentos notariais, neste caso a traveso do rexistro de escrituras de Juan García, de 1484. Ao longo do texto explícase como xurdiu esta tipoloxía documental, o seu procedemento de redacción e como foi adquirindo valor probatorio durante a Idade Media.