Manual de estilo dos profesionais do Servizo Galego de Saúde: Recomendacións para unha comunicación efectiva co paciente

0,00 €
Sinopse

Publicación que ten como obxectivo servir de instrumento de mellora da comunicación, útil como referencia e recordatorio, cunha utilidade clara para todos os traballadores do Sergas. No manual recóllense pautas e recomendacións sobre como actuar en determinadas situacións que se dan con frecuencia entre profesionais, pacientes e usuarios nos servizos sanitarios, relacionadas coa atención, o trato e a comunicación efectiva, como comunicarse a través de diversas canles, como xestionar situacións difíciles, recomendacións para a atención a diversos colectivos especiais, breves referencias aos dereitos e valores da institución, así como ao confort, a responsabilidade social e a imaxe corporativa

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Servizo Galego de Saúde
Santiago de Compostela
Ano de edición
2015
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
Guías, manuais, protocolos, procesos, procedementos, instrucións e normativa
Volumes
1