Folletos divulgativos para pacientes con cancro de mama e os seus familiares, divididos en tres fascículos dependendo da fase da emfermidade (prevención, diagnóstico e tratamento e seguimento)
Folletos divulgativos para pacientes con cancro de mama e os seus familiares, divididos en tres fascículos dependendo da fase da emfermidade (prevención, diagnóstico e tratamento e seguimento)
Publicación que recolle a actividade do ano 2010 da Oficina de Coordinación de Transplantes e dos tecidos galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén se recollen os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos así como os establecementos de tecidos. En canto áoficina descríbense as actividades desenvolvidas pola memsma, así como os obxectivs para o vindeiro ano
Instrucón que reflicte os obxectivos a acadar na campaña 2012, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas antigripal e antipneumocócica que se van utilizar. Recolle tamén aspectos relacionados coa xestión da campaña desde a petición, distribución e rexistro das doses utilizadas na campaña. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nesta campaña antigripal e antipneumocócica 2012
Publicación en castelán para colgar, en formato PDF, na web da Consellería de Sanidade. Vai dirixida a técnicos e ONG que traballan no campo do VIH-sida, sobre as novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática considérase desde a perspectiva da infección e non da enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial.
Despois dun recambio valvular poden producirse fugas perivalvulares (FPV) que provocan insuficiencia cardíaca ou hemolisis, e por tanto deben repararse. O tratamento da elección para a FPV é a reintervención, sen embargo en doentes con alto risco quirúrxico a alternativa é o tratamento percutáneo das FPV co uso de dispositivos Amplatzer. O obxectivo principal deste informe é avaliar a eficacia, efectividade e seguridade dos dispositivos Amplatzer en doentes con FPV.
Actualización dun documento editado no ano 2009 no que se recollen recomendacións para o diagnóstico e tratamento dos pacientes infectados polo virus da hepatite C.
O obxectivo desta guía e mellorar a atención sanitaria prestada ós pacientes con conduta suicida, ofrecendo recomendacións para os profesionais sobre a súa avaliación e tratamento, e aportando información especialmente elaborada para os pacientes, familiares e achegados implicados.
Actualización e revisión dos aspectos fundamentareis lacionados coa conservación de vacinas e o seu manexo, derivados dos cambios realizados nos últimos anos no sistema de distribución de vacinas na nosa comunidade. Vai dirixida a todos os profesionais que manexan este tipo de produtos inmunobiolóxicos e abrangue temas como a recepción e almacenamiento das vacinas, a xestión das interrupcións da cadea de frío, o rexistro das temperaturas das neveiras dos puntos de vacinación ou o manexo dos residuos vacinais
O obxectivo deste informe é avaliar a eficacia diagnóstica da técnica PET/TAC con radiotrazadores análogos da colina no diagnóstico inicial do cancro de próstata, así como na súa estadificación y detección de metástasis. Para iso realizouse unha revisión sistemática da literatura científica dos que coarenta e oito estudoscumpriron os criterios de inclusión. Os resultados desaconsellan a obtención de imaxes con PET ou PET/TAC no diagnóstico inicial do cancro de próstata ou na estadificación ganglionar, aínda que sí parece de utilidade na reestadificación de pacientes con sospeita de recidiva tras un tratamento radical previo e na deteción precoz de metástasis óseas
O obxectivo da Comisión Galega de Bioética é velar pola protección, no ámbito sanitario, dos dereitos fundamentais. O final da vida pon en evidencia que a medicina ten límites e que hai procesos non susceptibles de curación que requiren ser atendidos, procesos aos que a sociedade e o sistemasanitario deben prestar especial atención para ofrecer ás persoas unha asistencia integral centrada en acadar a maior calidade de vida posible. Esta comisión, na súa preocupación consciente polos dilemas éticos que suscitan os coidados nesta etapa, impulsou un proceso de reflexión cuxo resultado é o presente documento e, cuxo obxectivo é servirlles de marco de referencia e orientación aos profesionais sobre os conflictos éticos e contribuir a mellorar o desenvolvemento dos dereitos fundamentais.
O obxectivo desta guía é mellorar a atención sanitaria prestada ós pacientes con conducta suicida, ofrecendo recomendacións para os profesionais sobre a súa avaliación e tratamento, e aportando información específicamente elaborada para os doentes, familiares e achegados implicados. Este informe ten características especiais na edición porque responde ós requisitos para o convenio do Plan de Calidade para o SNS de 2010. Esta excepción foi aprobada no Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia con data 29 de xuño de 2010.
Informe que se elaboru como resposta ante a necesidade, na nosa comunidade, de tomar decisións e adoptar medidas de contención sobre o gasto farmacéutico e co fin de orientar con equidade a xestión dos recursos sanitarios, Polo miúdo sinálanse as cuestións éticas consideradas que permitiron establecer conclusións e elaborar recomendacións.