Catálogo

Amosando 805 - 816 de 971

A avaliación constitúe unha ferramenta esencial para a promoción de intervencións preventivas baseadas en evidencias. No ámbito de prevención, a avaliación permite comprobar a efectividade dosprogramas nos grupos destinatarios e o grao de cumprimento dos obxectivos propostos, en suma, a avaliación permite coñecer os resultados obtidos coa aplicación dos programas para melloralos, ou cesar su aplicación. Por iso, o obxectivo básico do presente documento é facilitar ó máximo a avaliación do conxunto de programas, por iso seleccionáronse neste manual unha serie de instrumentos de referencia cos cales cubrirase o proceso de recollida da información necesaria para completar a avaliación do proceso e os resultados, adaptados á metodoloxía, obxectivos e contidos de cada programa. A selección dos instrumentos de avaliación que se incorporan a cada un dos programas preventivos estivo determinada por dous criterios, a sencillez e validez dos instrumentos procurando o uso de ferramentas estandarizadas, e a súa completitude dos ámbitos de análise. Existen dispoñibles instrumentos de avaliación (escalas, cuestionarios, etc) cos que están xa familiarizados os técnicos de prevención, ou que son de uso xeral entre os profesionais do sector, polo que optouse pola súa inclusión neste manual, declinando o uso de instrumentos más complexos, específicos ou con maior potencia descritiva

O documento recolle a análixe da situación actual da organización, realizado nos meses de novembro e decembro de 2010, así como os novos retos, liñas estratéxicas, boas prácticas e obxectivos estratéxicos identificados, que deben permitir o aliñamento da toma de decisións e da xestión da actividade desenvolvida, coa misión e visión definidas. No seu despregue, terán unha iimportancia crítica os 25 proxectos ou de mellora da xestión que foron seleccionados, coa súa orde de prioridade, que representan unha equilibrada carga de traballo para o conxunto dos equipos de traballo da Dirección Xeral. Recóllese ademais no seu Anexo 4, unha síntese dos obexctivos e actividades correspondentes aos principais programas de saúde pública. En posteriores anexos, recolleranse as avaliacións e revisións anuais das estratexias organizativas, durante os próximos anos.

Documento dirixido á muller embarazada, para ser ofertado polos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e que permite a esta e á súa parella, manifestar por escrito os seus desexos, necesidades, preferencias e expectativas en relación ao seu parto e nacemento do seu bebé. Tamén facilita a relación de confianza e comunicación entre as usuarias e os provedores de coidados durante o embarazo e o parto, e á vez, promove e facilita a toma de decisións informadas por parte da muller embarazada. Por último, este documento responde á demanda tanto de profesionais como de usuarias e contribúe a cumprir as expectativas de cada muller, sentirse implicada, poder decidir e manter o control sobre o proceso do parto, factores que se relacionan coa satisfacción xeral da muller.

Autor/a
Lema Varela
Leonor
Coautor/a
la Fuente Cid De
Ramón
Lingua/s
Castelán

O obxectivo do presente informe é avaliar o recambio valvular aórtico mediante prótesis sen sutura utilizando o dispositivo Perceval S. Este informe ten característica especiais na edición por que responde aos requisitos da edición do Plan de Calidade para o SNS 2010, aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

Autor/a
Lema Varela
Leonor
Coautor/a
la Fuente Cid De
Ramón
Lingua/s
Castelán

O obxectivo do presente informe é avaliar o recambio valvular aórtico mediante prótesis sin sutura utilizando o dispositivo modelo ATS 3f Enable TM. Este informe ten características especiais na edición por que responde aos requisitos da edición do Plan de Calidade para o SNS 2010. Aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

Documento que describe o proceso de atención dos pacientes afectos por un trastorno aditivo, centrándose en asegurar unha atención sanitaria de calidade con garantía de atención semellante a calquera outra patoloxía, regulando a forma de acceso dos pacientes a esta prestación sanitaria e asegurando o seu seguimento con criterios de calidade.

O Plan Marco de Atención Sociosanitaria de Galicia 2013, recolle as liñas estratéxicas de asistencia sanitaria nos próximos catro anos, o que permitirá planificar e organizar os recursos existentes e as posibles actuacións conxuntas cos servizos sociais.

A sialonendoscopia é unha técnica diagnóstico/terapéutica minimamente invasiva que permite a visualización directa do conducto salival mediante a introducción de un endoscopio de pequeño calibre. Inicialmente utilizada con propósito diagnóstico, na actualidade realízase con fins terapéuticos para o tratamento da patoloxía salival obstructiva. O obxectivo deste informe e avaliar a efectividade e seguridade da sialoendoscopia como técnica diagnóstica/terapéutica no manexo de procesos salivales obstructivos.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente a o ano 2012 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplantes tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos. En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

Os programas de cribado neonatal teñen como obxectivo a identificación presintomática e o tratamento precoz de trastornos congénitos tratables, para reducir a morbimortalidade e as posibles discapacidades asociadas a esas enfermidades. A introdución da espectrometría de masas en tándem supuxo un cambio radical do cribado de enfermidades congénitas do metabolismo xa que, cun único procedemento analítico, pódese detectar un elevado número de analitos relacionados con enfermidades metabólicas, en comparación cos métodos convencionais. Non obstante, non se debe iniciar o cribado neonatal dunha enfermidade se as vantaxes da detección precoz para o neonato non están claramente definidas e sen que haxa garantías dun adecuado diagnóstico, seguimento e tratamento.