Guía das principais formacións xeolóxicas e das súas caracaterísticas no parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
Guía das principais formacións xeolóxicas e das súas caracaterísticas no parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
Características, descrición e imaxes das aves do parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, Ourense.
Dentro da campaña de fomento da doazón de medula ósea, os trípticos teñen unha función esencial: introducir de forma positiva a mensaxe de que a doazón de medula ósea soluciona, a través dos transplantes, os males de moitos enfermos. Cada ano hai persoas que morren mentres agardan por un transplante que precisan para salvar as súas vidas. Algunha destas vidas poderíanse salvar se máis xente se fixese doadora. Estes trípticos vanse distribuír a asociacións de pacientes, universidades etc.
Este procedemento intégrase no programa Femora, que recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Pretende proporcionar os coñecementos adecuados para a toma da frecuencia cardíaca. É unha técnica que se emprega para a valoración xeral dun individuo tanto en atención primaria como en hospitalaria.
Este procedemento intégrase no programa Femora que recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Pretende documentar as accións que se van a realizar para a administración da medicación oral.
Este procedimiento se integra en el programa Femora, que recopila procedimientos estandarizados, con evidencia científica, para los profesionales del Sergas.
Pretende documentar las acciones que se van a realizar para la administración de la medicación oral.
Este procedemento intégrase no programa Femora, que recompila procedementos estandarizados con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Pretende documentar as accións que se realizan para a extracción manual da acumulación anormal da materia fecal que forma unha masa endurecida na porción inferior do intestino.
Este procedemento intégrase no programa Femora, que recopila procedementos estandarizados con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo da pulsioximetría.
Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario, entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social.
O instrumento VALORA-GALICIA foi deseñado para ser aplicado polos servizos sociais especializados en Protección de Menores da Xunta de Galicia para a execución das competencias establecidas na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, en relación á investigación e valoración das situacións de desprotección que afectan a nenos, nenas e adolescentes. O instrumento achega criterios técnicos para a valoración da gravidade destas situacións e as correspondentes tomas de decisión. Preséntase como unha ferramenta que, do mesmo xeito que outros instrumentos técnicos, ha de ser utilizada por profesionais capacitados como orientación, fundamento e apoio ao xuízo profesional, nunca como substituto deste.
O Dicionario de alimentación e restauración é unha recompilación dos termos da linguaxe gastronómica e culinaria relevantes desde o punto de vista conceptual ou denominativo. O seu obxectivo é contribuír á normalización da terminoloxía gastronómica e culinaria en lingua galega, resolver dúbidas puntuais sobre os termos e facilitar a comunicación entre os profesionais do sector. Recolle aproximadamente 3000 conceptos, con 3600 denominacións en galego, 3700 equivalencias en castelán e 3500 en inglés, ademais de 320 nomes científicos.
Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfemidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, como a prácticas de risco e distribución temporoespacial.
Claridad foi un semanario publicado entre 1933 e 1934 en Santiago de Compostela. De ideoloxía republicana e natureza bilingüe, chegou a tirar do prelo vinte e catro números. Laico e autonomista, dirixido á clase obreira, o campesiñado e o estudantado, o seu director foi o escritor e intelectual Luís Manteiga. Esta edición, preparada por Luís Alonso Girgado, Laura Mariño e Laura Piñeiro Pais, incorpora un amplo estudo introdutorio á revista e reproduce facsimilarmente todos os seus números nunha memoria USB con formato tarxeta.