Catálogo

Amosando 73 - 84 de 133

Documento informativo que aborda conceptos e figuras de interese no ámbito da coordinación de actividades empresariais en reparación de buques pesqueiros. Tamén analiza os obxectivos e procedementos de coordinación establecidos desde os preliminares das obras ata o seu fin.

Información na que se expoñen de maneira clara e sinxela os principais danos que poden causar os produtos químicos, cun especial fincapé na importancia de identificar correctamente os produtos e as situacións que poden xerar perigo, no papel do traballador na prevención destes riscos e en como actuar ante casos de emerxencia.

A avaliación de riscos resultará imprescindible para xestionar o risco de manipulación manual de pacientes. Os seus obxectivos serán por tanto mellorar as condicións de traballo, diminuíndo a carga biomecánica, como a implementar unha mellora da calidade asistencial. A avaliación dos risco requirirá ademais dunha planificación, e constará de varias etapas, entre as que sinalamos a identificación do problema, a estimación e avaliación do nivel de risco e a proposta das medidas preventivas axeitadas aos riscos detectados.

Guía técnica do ISSGA cuxo obxectivo é a elaboración do documento de protección contra explosións. Este documento é obrigatorio en certas instalacións, de acordo co Real decreto 681/2003, sobre protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo, trasposición da Directiva 1999/92/CE