Fronda é unha publicación periódica bimestral en formato electrónico coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (28) faise a primeira entrega, relativa aos fondos monásticos, a tavés dun tombo do Mosteiro de San Clodio, co que se fai unha breve introdución á historia do monacato en Galicia e ao contido dos arquivos dos mosteiros.