Obra que recolle recomendacións útiles sobre o mantemento preventivo para o manexo de grandes máquinas agropecuarias.
Obra que recolle recomendacións útiles sobre o mantemento preventivo para o manexo de grandes máquinas agropecuarias.
Cartel para difundir os protocolos de primeiros auxilios que se deben activar para a prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias.
Cartel relativo aos labores de rutina que se deben adoptar no manexo de grandes máquinas agropecuarias
Folleto sobre a prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias: rutinas de enganche e parada, preparación do terreo, fertilización, sementeira, recolleita, alimentación, actuación en caso de emerxencia, primeiros auxilios e normativa.
Publicación en soporte electrónico que ten como obxectivo avaliar a efectividade e a seguridade da anxioplastia con estent capturador de células proxenitoras de endotelio en pacientes con cardiopatía isquémica debida a estenoses coronarias.
Boletín electrónico en liña de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Presenta as últimas novidades no eido da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.
Informe editado en soporte electrónico, que ten como obxectivo avaliar a exactitude diagnóstica e efectividade do procedemento determinación de hemoglobina glicosilada en sangue capilar. Como obxectivos específicos figuran: a) coñecer se a determinación de Hb A1C realizada en sangue capilar de maneira ambulatoria mellora os resultados do control metabólico cando o comparamos coas probas de laboratorio convencional e se é seguro para os pacientes con diabetes. b) coñecer se existe unha boa correlación entre os valores de Hb1C determinados en sangue capilar de forma ambulatoria e no laboratorio central.
Informe que ten como propósito elaborar un documento de información para doentes con sarcoidose. Para este fin formuláronse os seguintes obxectivos específicos: analizar a calidade dos documentos de información para doentes con sarcoidose dispoñibles no ámbito nacional e internacional, identificar as necesidades de información no proceso de atención expresadas polos doentes, revisar a evidencia científica dispoñible e elaborar un documento de información baseado na evidencia.
Disco compacto que recolle o informe que avalía a efectividade clínica do cribado neonatal das seguintes patoloxías: Aciduria-3-hidroxi-3-metilglutárica (HMG; Deficiencia de beta-cetotiolasa (BKT).
Publicación en formato de disco dixital compacto para avaliar a efectividade e seguridade do dispositivo de asistencia ventricular esquerda HeartWare Ventricular Assist Device (HVAD) no tratamento de pacientes adultos con insuficiencia cardíaca avanzada.
Boletín de periodicidade trimestral no que se recollen novas e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Manual de conversa en galego dirixido ás persoas de orixe anglófona ou de fala hispana que visitan Galicia. Para distribuír a través das oficinas de Turismo de Galicia.